O Plan Municipal de Emprego impulsa o comercio vigués coa celebración da xornada ”O comercio fai cidade”
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Delfín Fernández Álvarez, o director xeral adxunto de Caixanova, Jóse Luis Pego Alonso, e a concelleira de Turismo e Comercio, Lilian Álvarez García, clausuraron hoxe a xornada “O comercio fai cidade”, organizada polo Servicio de asesoramento a emprendedores-Comercio (SAE-Comercio) co obxecto de abordar a problemática que, na actualidade, afecta ós pequenos e medianos comerciantes de Vigo.
A xornada, que se desenvolveu na sala de conferencias do Centro Cultural Caixanova, contou coa participación, entre outros, do subdirector xeral de comercio da Consellería de Industria e Comercio, José Manuel Fernández Núñez, e o director do departamento de marketing de Caixanova, Jorge Miguel Santos López. Por outra parte, as conferencias estiveron a cargo de dous especialistas na materia, como son Sebastián Molinillo Jiménez, profesor da Universidade de Málaga, que falou sobre “Estratexias competitivas para o pequeno e mediano comercio”: e Enric Ricart García, directivo do Centro comercial aberto “Sants Establiments Units” de Barcelona, que abordou o tema das “Boas prácticas en asociacións de comerciantes: o poder do asociacionismo”.
Coa posta en marcha do SAE-Comercio, tanto a Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego como Caixanova, como axentes determinantes da promoción económica da cidade, queren establecer as canles para unha cooperación e colaboración na procura dunha maior profesionalización e dunha imaxe máis coherente do Vigo comercial e dous seus centros. Nesta liña, tamén se pretende potenciar a creación de novos establecementos comerciais, fomentando desde este novo servicio iniciativas de autoemprego.
Hai que destacar que esta é a segunda iniciativa que promove o SAE-Comercio desde o comezo da súa andadura, despois de que o pasado día 14 organizara un foro de debate do sector que estivo moderado polo xerente da Cidade Universitaria,S.A., Rafael Núñez Gallego.
Descargar todas as imaxes