O Concello levanta a prohibición de construír novas vivendas en tres núcleos de Beade
O Consello da Xerencia de Urbanismo acordou levantar a prohibición de edificar novas vivendas que mantiña en tres núcleos da parroquia de Beade: Carballo do Pazo, Relfas e Balde. As licencias estaban suspendidas nestes lugares ante a falta de infraestructuras axeitadas de saneamento e de subministro de auga potable. Nestes momentos, os devanditos núcleos dispoñen xa dunha rede de saneamento e está en marcha un proxecto de mellora de subministro de auga potable á parroquia, o que permite conceder novas licencias ata o máximo legal establecido pola Lei do Solo de Galicia.
Xavier Toba explicou que o investimento en infraestructuras realizado polo Concello é o que vai permitir que os propietarios de terreos destes lugares da parroquia de Beade poidan ver satisfeito o seu desexo de construir unha vivenda. No núcleo de Carballo do Pazo poderanse conceder 7 novas licencias: no de Relfas, 4: e no de Balde, 6. En todos os casos as edificacións terán a obriga de conectarse á rede municipal de saneamento, xa que se prohibe expresamente construír fosas sépticas.