Peóns do Programa Municipal de Integración Laboral comezan o arranxo do campo de fútbol de Sárdoma
Unha brigada de peóns pertencentes ó Programa Municipal de Integración Laboral (PROMIL) comezarán nos próximos días o arranxo dos vestiarios do campo de fútbol de Sárdoma, dentro do seu plan de mellora da calidade de vida dos habitantes do municipio de Vigo mediante a realización de diferentes obras públicas.
Na actualidade o PROMIL conta con 17 peóns facendo obras por diferentes puntos do municipio, tendo prevista a contratación de 54 peóns máis, 24 oficiais e dous encargados de obras que comezarían a traballar o vindeiro mércores, día 16.
O PROMIL, posto en marcha pola Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, é unha das actuacións máis importantes do Plan Municipal de Emprego, tanto pola súa filosofía como por ser pioneira na Comunidade Autónoma Galega. Esta actuación de fomento do emprego supón a contratación por cada ano de 100-120 desempregados de longa duración para realizar obras de mellora no entorno urbano e rural do municipio de Vigo. Os beneficiarios deste programa selecciónanse de acordo co criterio de necesidade social, determinado este pola renda familiar.
Ademais, as contratacións van acompañadas de procesos formativos adaptados ás necesidades dos participantes, de xeito que o seu paso polo programa non só represente acceder a un emprego e a un salario digno, senón que tamén incida realmente na mellora da súa ocupabilidade.