Medio cento de colectivos participarán na iniciativa ”Terceiro sector: un mundo de vontades”
Cincuenta asociacións asistenciais, culturais, sindicais e veciñais, entre outras, participarán no programa “Terceiro sector: un mundo de vontades”, que se celebrará os próximos 16 e 17 de xuño, no Parque de Castrelos, co doble obxectivo de potencia-la relación entre os colectivos e de abri-las súas actividades á poboación en xeral.
Este programa, que conta co patrocinio de grandes empresas situadas na comarca de Vigo, está organizado pola Concellería de Participación Cidadá, e plantéxase como unha iniciativa pioneira en Galicia e case que en España, pois unicamente en Barcelona se realiza unha actividade similar.
Durante os dous días que durará o evento, as asociacións participantes –que foron escollidas segundo os programas presentados- informarán os visitantes sobre a súa finalidade e, de forma parella, organizarán numerosas actividades que tentarán conquerir a participación do público en xeral.
Distintos obradoiros, xogos con paracaídas, demostracións con scalextric, estación de radioafeccionados, concurso de cans de palleiro e de gato común, xogos intersociais, cociña vexetariana, teatro e talleres sobre o euro serán algunhas das actividades a levar a cabo durante os dous días, nun intento de que os vigueses poidan coñecer o amplo e variado movemento asociativo que temos na cidade.
Estímase que Vigo conta con preto de 800 asociacións, converténdose así na cidade de España cun maior tecido asociativo por número de habitantes.
Ante a dificultade de reunir nun espacio físico a todos estes colectivos, a Concellería de Participación Cidadá optou por facer unha convocatoria pública, seleccionando finalmente o medio cento de asociacións que presentaron un programa de actividades máis amplo e variado.
A concelleira de Participación Cidadá, Mariló Cabaleiro, está convencida de que o “Terceiro sector: Un mundo de vontades” dará resposta o interese de tódalas persoas que acudan o recinto do Parque de Castrelos. Destaca que ademais das actividades lúdicas que se van desenvolver, outras cumplirán un fin social moi importante, como poden ser unha festa da integración, un taller de educación sexual e outros destinados a concienciar a xuventude sobre os problemas que ocasionan as drogodependencias, o alcoholismo ou a bulimia.
Como antesala do Festival, os días 8 e 9 de xuño celebraranse unhas xornadas que reunirán empresas e representantes do movemento asociativo, co obxectivo de estudiar as vías de colaboración que poden abrirse entre ambos colectivos. Esta colaboración ten como fin fundamental abrir o camiño para que as asociacións poidan recibiren axudas económicas para desenvolver as súas actividades de xeito que non supoñan prexuízos para as empresas.