Comezou en Vigo o Correlingua 2001 co lema ”Non fiques coa lingua de fóra”
O Correlingua 2001, que comezou hoxe en Vigo, percorrerá as grandes cidades galegas para reivindicar unha maior utilización da lingua galega en tódolos ámbitos. O alcalde, Lois Pérez Castrillo, deu saída á carreira na que participaron máis de mil escolares de Vigo.
O alcalde salientou a importancia de que tódalas institucións fagan un esforzo de cara a recuperación do uso do idioma ante a perda de falantes.
No acto estiveron presentes, entre outros, os deportistas Pablo Coira e Pablo Couñago, ademais do escritor Fran Alonso que leu o manifesto. Este escrito está asinado pola AS-PG, CIG-Ensino, Nova Escola Galega, Coordenadoras Comarcais de Equipos de Normalización Lingüística, a Mesa pola Normalización Lingüística, diversas asociacións culturais e os concellos de Cambre, Carral, Culleredo, Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo.