Escoitar

O Concello realizará un inventario dos edificos da Zona de Príncipe

luns, 7 mai 2001
imx197.jpg
A Comisión Cidadá do entorno do Museo de Arte Contemporánea decidiu realizar durante este mes de maio un inventario de cada edicifio da zona de Príncipe para coñecer o estado e usos das edificacións. O inventario recollerá tamén información sobre as fachadas, réxime dos usuarios, parte ocupada e desocupada dos edificios, data da última rehabilitación e nivel de satisfacción. Os membros da Comisión, que se reuniron hoxe, manifestaron que nesta zona da cidade hai unha falta clara de ocio e hostelería.

Outros dos acordos acadados na xuntanza é iniciar negociacións cos propietarios da nova rúa que se abre ó redor do Museo para rehabilitar as fachadas segundo o proxecto artístico redactado para tal fin. Así mesmo acordouse realizar diferentes probas de iluminación da zona de Príncipe para coñecer cal é a máis adecuada.

A Comisión Cidadá está presidida polo concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, e integrada polos arquitectos do Museo de Arte Contemporánea, por representantes da Asociación de Comerciantes de Príncipe, Cámara de Comercio, Consellería de Industria e técnicos municipais.


Descargar todas as imaxes