O Correlingua 2001 parte de Castrelos
A primeira etapa do Correlingua 2001 partirá, o martes 8 de maio, entre as 10:30 e 11 horas do Parque de Castrelos. Inaugurarán a marcha o alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, os deportistas Pablo Coira e Pablo Couñago, do R. C. Celta, e o escritor Fran Alonso. Os interesados en participar deberán recoller os dorsais no punto de saída.
O percorrido irá pola Avda. Balaídos – Val Miñor -rúa dos Olímpicos – Manuel Castro - Echegaray– Avda. Castelao – Avda. de Castrelos - Parque de Castrelos. Habilitarase un percorrido alternativo para Educación Infantil no interior dos parques de Castrelos.
Manifesto do Correlingua 2001
Somos a tribo dos falantes de falas prohibidas.
Somos o clan dos inconformes, dos rexos e leais, dos que non se resignan á indignidade.
Somos a voz dos sen-voz, a vangarda dos que rexeitan usar falas prestadas para non ficaren orfos de pensamentos.
Somos a asemblea permanente dun pobo que cre no seu futuro.
Somos os obreiros da terra, as labregas do mar, os mariñeiros do metal e da madeira.
Somos as médicas, os enxeñeiros, as artistas, os militantes de base e as pasotas.
Somos os poetas, as sabias, os estúpidos, as miserábeis e os santos, os meigos, as atletas.
Somos os estudiantes, as profesoras, os sacerdotes de todas as relixións, as fieis a ningunha relixión.
Somos os xenerais e os soldados, os amigos e os inimigos, as de aquí e as de acolá, os da esquerda, as da dereita, os do centro.
Somos os vilegos, as aldeás, as que nacemos dentro e os que nacemos fóra do mapa.
Somos os homes e as mulleres, as nenas e nenos, os anciáns, os vivos e os mortos.
Somos un pobo enteiro cheo de vida, de enerxía constructiva e solidaria.
Velaquí a nosa voz, resgatada do esquecemento, do encono, da submisión.
E estamos hoxe aquí, como estivemos onte, como estaremos mañá, para manifestar o dereito que nos asiste a recuperar o que nos foi roubado.
A nosa lingua, o noso tesouro, o ben máis prezado, sen o cal nunca volveremos ser ninguén.
Porque o pobo que carece de voz propia non ten nada que dicir nin que reclamar nin que esixir na asemblea dos pobos do mundo.
A lingua fainos libres, permítenos dialogar co universo, recoñecer a nosa xeografía e construír a nosa historia día a día.
A lingua dinos quén somos e quén non somos, dinos cultura, dinos orde, traballo, dinos colaboración e prosperidade.
E fainos distintos e iguais aos demais pobos da terra.
Algúns tratan de convencernos de que a nosa lingua é incultura, é atraso e deshonra.
Tratan de convencernos con manobras sutís da conveniencia de adoptarmos outra lingua que presentan como paradigma da civilización, da modernidade, do éxito.
E cando as manobras subtís non son suficientes, adoptan as armas da forza, da ameaza, da desinformación, do engano.
Moitos acaban por renderse á tiranía da necesidade: outros que poden elixir sucumben ao agasallo envelenado: algúns incluso colaboran no exterminio con saña infame.
Pero unha parte inmensa do pobo apercíbese da dimensión imperialista do troco ao que o obrigan, e comprende que sen lingua de seu non poderá ter conciencia nin dignidade.
E ese pobo resiste todas as forzas contrarias e mantense no uso da lingua propia: cinco longos séculos de insubmisión que son outros tantos enormes chanzos cara ao triunfo, velaí a forza deste patrimonio que augura un porvir luminoso, a anunciada alba de gloria.
Somos as fillas e os fillos de Galiza que herdaremos no futuro inmediato a terra fecunda, o mar bravío e xeneroso, as fábricas do progreso,
as oficinas das institucións, os escenarios da arte,
os hospitais, os colexios, as estradas, as minas e o ceo, e non aceptaremos para a nosa comunicación outra lingua que non sexa a lingua de Galiza.
Desde a tribuna da rúa vimos a facer reclamación pacífica do dereito que nos asiste a instalarnos a vivir na nosa propia lingua-casa, a viaxar na nosa propia lingua-dorna, a traballar coa nosa propia lingua-martelo, a deleitarnos co recendo da nosa propia lingua-caravel, a alimentar os nosos estómagos coa nosa propia lingua-pan, a mercar e vender na nosa propia lingua-feira, a cortexar a parella coa nosa propia lingua-amor.
O futuro é noso, nós somos o futuro, e no futuro a lingua permanecerá nas nosas gorxas e no noso pensamento.
Pero no en tanto, esiximos de vós, os que detentades os resortes do poder, que cumprades coa vontade popular maioritaria de restituír o galego ao estatus que lle corresponde como lingua primeira do país.
Esiximos que cumprades e fagades cumprir as leis con todas as forzas que outorga a xustiza nun Estado de dereito.
E esiximos o máximo prestixio para a nosa voz propia, o inestimábel legado dos que forxaron a nosa conciencia e a nosa nobreza, a irrenunciábel ferramenta para a consolidación dun futuro esperanzador.
Nós somos o futuro de Galiza. Somos galegas e galegos e falamos galego. Porque só falando galego somos galegas, somos galegos.
Descargar todas as imaxes