Primeiro Revoltallo de maquetas Cidade de Vigo
O concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez, presentou hoxe as bases para participar no “ Primeiro Revoltallo de Maquetas Cidade de Vigo” que se celebra este mes maio e que se organiza conxuntamente coa Asociación Xuntanza Xuvenil de Valadares.
Neste Revoltallo poderán participar tódolos grupos de música de Galicia que entren dentro das catro categorías musicais do concurso: jazz e fusión: rock sinfónico e progresivo: meta: reggae, percusión, músicas do mundo e tribais.
As maquetas terán que constar como mínimo de tres temas e deberán entregarse no Centro Veciñal e Cultural de Valadares ou en Elite antes do 18 de maio.
Das maquetas recibidas seleccionaranse nunha primeira fase catro de cada categoría que actuarán na sala Nova Olimpia os días 30 e 31 de maio e 7 e 14 de xuño.
Os premios para cada categoría son : 1º gravación de CD e xira por Galicia : e 2ª xira por Galicia.
O concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez, manifestou que con iniciativas como esta trabállase na procura de dotar a mocidade de Vigo das oportunidades que ela mesma vai demandando. O concelleiro subliñou que da campaña de dinamización “ Móvete con Vigo” presentaronse 53 peticións para desenvolver actividades organizadas polos mozos e mozas , e a petición mais numerosa é a de temas relacionados coa música.