O alcalde súmase á homenaxe en Vigo aos servicios de salvamento marítimo
O alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, participou na homenaxe que o sector pesqueiro galego lle tributou aos servicios de salvamento marítimo de Gran Bretaña e Irlanda. No seu discurso, Castrillo salientou a eficacia e o valor destes profesionais e recordou as numerosas accións nas que conseguiron salvar a vida de mariñeiros galegos que naufragaron en augas do Gran Sol. Así mesmo tivo un recordo para o “excelente traballo” dos servicios de salvamento galegos.
O alcalde vigués afirmou que “nunca será abondo o esforzo que se faga para aumentar as medidas de seguridade nos barcos e para ampliar e modernizar os medios de salvamento”. No decurso do acto, ao que asistiron o presidente da Xunta e o embaixador de Irlanda en España, descubriuse un monolito conmemorativo situado no Berbés.