Coia prepárase para a celebración do ”Día do mozo”
A festa do ”Día do mozo” celebrarase o vindeiro sábado 12 de maio en Coia para destacar a importancia da formación dos rapaces a través do xogo, ofertarlles distintas alternativas lúdicas e dar a coñecer o labor dos 40 colectivos que, xunto coa Concellería de Xuventude, participan na súa organización.
O concelleiro Santiago Domínguez sinalou o grande éxito acadado o pasado ano en canto ó número de persoas que participaron nas actividades programadas e destacou o feito de que era a primeira vez que tódolos colectivos se unían para un evento destas características. ”Sería interesante que isto se estendese a outras parroquias como un claro exemplo do espírito de colaboración entre os colectivos e a institución municipal”, indicou Domínguez.
A presidenta da asociación ”Camiño Vello” de Coia, Elena González Sánchez, dixo que con esta celebración se pretende recuperar que ”o barrio teña a imaxe que hoxe merece”.
Entre os colectivos participantes figuran institutos, centros educativos, asociacións veciñais e ONGs que ofrecerán cadanseu obradoiro con actividades como papiroflexia, maquillaxe, globos, pintura, reciclaxe, paracaídas, títeres, cestería, música, danza e coiro, entre outros. Para poder acudir a tódolos postos e actuacións en calquera momento poderase utilizar un tren que percorrerá a Avenida Castelao.
Actuacións:
De 12:00 a 13:00h. No campo da festa.
-Ximnasia rítmica. C.E.I.P. ”Escultor Acuña”.
-Patinaxe. C.E.I.P. ”Escultor Acuña”, a A.N.P.A. do C.E.I.P. ”Pintor Laxeiro”.
-Baile Galego. Grupo de baile da A.N.P.A do C.E.I.P. ”Pintor Laxeiro”, Grupo de baile do C.E.I.P. ”Don Bosco” e Grupo de Baile ”O Noso Lar” da A.VV. ”Camiño Vello de Coia”.
-Rematando a mañá cunha banda de música.
De 16:30 a 19:00h. No campo da festa.
-Danza Moderna. C.E.I.P. ”Virxe do Rocío”.
-Ximnasia Rítmica. C.E.P.I. ”Seis do Nadal”, coa participación de tres grupos, a A.N.P.A. do C.E.I.P. ”Pintor Laxeiro” e o C.P.I. ”Celso Emilio Ferreiro”.
17:00h. Actuacións alternando entre ”Os Volcáns” (último tramo da Avenida) e a ”Praza do Emigrante” nas Travesas.
-Grupo de Baile, Gaitas e Pandeiretas ”Anduriña” da A.VV. ”Cristo da Victoria”, Grupo de Baile e Pandeiretas da A.F. ”Peña Xuntanza” e Grupo de baile do C.E.P.I. ”Seis do Nadal”.
17:00h. Na ”Praza do Emigrante” nas Travesas e ”Nos Volcáns” (último tramo da Avenida) alternativamente.
-Teatro. A.N.P.A. do C.E.I.P. ”Escultor Acuña” e do Grupo de teatro da A.VV. ”Camiño Vello de Coia”.
21:00h: Concerto na ”Praza da Festa” coas actuacións de grupos de rock do barrio.
Descargar todas as imaxes