Escoitar

O Concello executará un programa solidario na zona Príncipe

martes, 8 mai 2001
imx203.jpg
A Concellería de Benestar Social e a Asociación de Comerciantes e profesionais Zona Príncipe asinaron hoxe un convenio de colaboración para a execución dun programa solidario e de inserción laboral. O programa co nome “ De Boa Man” pretende sensibilizar os clientes desta zona da cidade e os establecementos que forman parte da asociación, ademais de acercar os productos que se elaboran nas asociacións de interese social co fin de propiciar a súa venda e, no seu caso, establecer os puntos de venda dos productos.

No convenio establécese que os comerciantes colaborarán na inserción laboral de persoas desfavorecidas ou con especiais dificultades por medio de propostas de formación, inserción ou solicitando ó departamento de Benestar Social municipal persoas que se adecúen ós perfís profesionais solicitados para os postos. Tamén se contempla no convenio o traballo que se realizará para a eliminación de barreiras arquitectónicas na zona Centro da cidade.

A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, subliñou que medidas como estas forman parte do obxectivo global do seu departamento que é “ involucrar a todo o tecido social da cidade nun acercamento a tódolos colectivos que día a día se esforzan por lograr a integración social das persoas máis desfavorecidas”.
Descargar todas as imaxes