O Consello da Xerencia debate o proxecto de conexión do túnel de Beiramar coa A-9 e Sanjurjo Badía
O Consello da Xerencia de Urbanismo debate na reunión do xoves o proxecto de conexión do túnel de Beiramar coa autoestrada e coa rúa Sanjurjo Badía. Este proxecto é producto dun convenio de colaboración entre o Concello, a Autoridade Portuaria, o Consorcio da Zona Franca e Renfe, foi redactado pola entidade “Apia XXI S.A.” e aprobado inicialmente polo Consello da Xerencia en xullo do pasado ano.
Agora o expediente volve ao Consello superado o periodo de información pública. A súa aprobación definitiva debe correr a cargo do Pleno da Corporación municipal. Cando iso ocorra o Consorcio da Zona Franca poderá licitar as obras. O investimento previsto é de 3.200 millóns de pesetas.
Para que o proxecto reciba o visto e prace do Consello da Xerencia é necesario que se aprobe simultaneamente unha modificación puntual do Pxou relativa ao enlace deste novo vial con Sanjurjo Badía. Esa modificación figura tamén na orde do día do Consello da Xerencia, unha vez que se recibiu o preceptivo informe favorable da Consellería de Política Territorial e Obras Públicas.
Na xuntanza do Consello da Xerencia o alcalde dará conta da concesión das licencias para a instalación dun centro comercial no Troncal e dun Hotel de luxo no antigo pazo dos Sensat en Alcabre.