Escoitar

O último número do Boletín de Normalización Lingüística do Concello inclúe unha entrevista con Francisco Mantecón

mércores, 9 mai 2001
imx207.jpg
Comezou xa a distribuirse pola cidade o número de primavera de “Falamos”, o boletín do servicio de normalización lingüística do Concello de Vigo. Neste número inclúese unha conversa co artista Francisco Mantecón, que tivo lugar dous meses antes do seu falecemento. Nesa entrevista Mantecón ofrece unha visión crítica sobre as persoas que se moven ao redor do mundo da arte.

No boletín pódese encontrar tamén un artículo de Carmen Panero titulado “Aquel circuito da Bella Aurora” no que evoca o Vigo do pasado. Ademais, a revista recolle información sobre as actividades xuvenís que organiza a Concellería de Xuventude no Castro: sobre o labor que realiza a Casa do Cesteiro e sobre as campañas que está a desenvolver o departamento de Normalización Lingüística.
Descargar todas as imaxes