Escoitar

O Concello prepara melloras nos mercados da Pedra e do Berbés

luns, 24 feb 2003
O Concello de Vigo acaba de principiar os trámites administrativos para realizar melloras nos mercados municipais da Pedra e do Berbés. No caso da Pedra a mellora consistirá na instalación dun sistema de renovación de ar e na sinalización do mercado mediante a colocación de rotulos exteriores nos accesos. Para o mercado do Berbés prevese a execución dun estudio que servirá para diagnosticar a situación do mercado e propoñer a súa remodelación.

As obras de mellora da Pedra están presupostadas en 30.000 euros, a mesma cantidade que custará o estudio sobre o mercado do Berbés. O Concello pretende aproveitar a convocatoria de subvencións realizada pola Xunta de Galicia para desenvolver programas de modernización dos mercados retallistas, polo que xa solicitou acollerse a estas axudas. Segundo a orde pola que se publica a convocatoria, a Xunta podería subvencionar ata o 70% do investimento total de cada proxecto. A cantidade restante a aportaría o Concello de Vigo.