Escoitar

Axardinamento na Baixada a Ríos

luns, 24 feb 2003
imx2365.jpg
Obras de axardinamento
A Concellería de Montes, Parques e Xardíns rematou as obras de axardinamento na Baixada a Ríos no barrio de Teis. A parcela que foi axardinada está situada na baixada a Ríos en Teis e comprende unha superficie de 450 m2.

A Concellería de Montes, Parques e Xardíns acondicionou esta zona, xa que con anterioridade esta parcela estaba chea de silveiras e malezas e non estaba a ter ningún tipo de uso, convértendoa nun espacio de lecer para o disfrute dos cidadáns. O obxecto desta iniciativa pretende ofrecer unha alternativa na remodelación da parcela que contemple a súa recuperación dende o punto de vista do uso social, como espacio verde público e a súa valorización estética e medioambiental.

Os veciños da zona levaban desde hai sete anos pedindo que se acondicionara a zona e agora ven a súa petición cumprida.

No acondicionamento do terreo procedeuse a efectuar aportes de terra vexetal co fin de mellorar o solo, coa realización despois das sementeiras e plantacións de árbores, arbustos, etc.

O sistema de rega automática leva aspersores e difusores coas súas correspondentes electroválvulas e funcionan a través dun programador de dúas estacións. Os paseos son de xabre compactado, adquirindo así unha superficie dura.

A obra rematouse coa construcción dunha táxea formigonada con reixa de paso na zona de entrada, co fin de que as augas pluviais da estrada de Ríos non entren no parque: plantacións de árbores, arbustos, etc, e a instalación de bancos e papeleiras nas zonas de lecer. O custe total da obra foi de 14.320 euros.
Descargar todas as imaxes