Estatutos da Fundación da Axencia da Enerxía de Vigo
O Pleno da Corporación aprobou, por unanimidade, os estatutos da Axencia da Enerxía de Vigo, primeira entidade destas características en Galicia. Entre os seus obxectivos está incentivar a difusión do uso racional da enerxía e establecer un plan de actuación enerxética.
TITULO I
NATUREZA XURÍDICA. DENOMINACIÓN. ÁMBITO E DOMICILIO.
Artigo 1º.- Natureza xurídica e denominación.
1.-O abeiro do establecido no artigo 34.1 da C.E. constitúese a fundación “Axencia intermunicipal da enerxía de Vigo” (AIMEVI), que se rexirá pola ley 7/1983, de 22 de xuño sobre réxime das fundacións de interese galego, reformada pola lei 11/1991, de 8 de novembro, polo regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado por decreto 248/1992, de 18 de xuño, e polas demáis disposicións vixentes aplicables e polos presentes estatutos.
2.- A fundación terá personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, sen mais limitacións que as establecidas polas leis e polos presentes estatutos.
Artigo 2º.- Ámbito
O ámbito territorial en canto os intereses colectivos a satisfacer e os sectores sobre os que se pretende actuar para acadar unha mellor e máis racional utilización da enerxía será o territorio da Área Intermunicipal de Vigo, sen perxuizo de poder saír dela cando o obxecto e os fins da fundación o requiran.
Artigo 3º.- Domicilio
1.-A fundación terá o seu domicilio en Vigo, en local cedido en uso dentro da casa do Concello, sita na Praza do Rei, s/n, poidendo ser substituido por outro por acordo do seu pradroado.
2.-Os órganos colexiados da fundación poderán celebrar válidamente reunións en calquera localidade dentro do seu ámbito territorial.
3.-Poderán establecerese delegacións, subsedes, oficinas ou sucursais en calquera punto, incluso fora da comunidade autónoma, sempre que a medida responda o principio de lograr unha maior funcionalidade e o achegamento da fundación os cidadáns.
TITULO II.-
OBXECTO, E FÍNS DA FUNDACIÓN.
Artigo 4º.- Obxecto
Con carácter xeral o obxecto da fundación e destinar e afectar un patrimonio á realización sen ánimo de lucro de fins xerais de interese galego, no ámbito sectorial o que a súa denominación e fíns contráese. Concretamente dentro do seu obxecto intégranse:
a) A realización de estudios de planificación e programación para establecer un plan de actuación enerxética.
b) Incentiva-la difusión do uso racional da enerxía, dos recursos enerxéticos locais e das fontes renovabeis nos sectores da administración pública, producción de bens e servicios (PIMES e industria) e sector doméstico.
c) Favorece-la diversificación, información e utilización óptimas das enerxías renovabeis.
d) Mellora-la seguridade enerxética.
e) Promover e manter o aforro enerxético.
f) Difundí-la información sobre a enerxía entre os cidadáns.
g) Promove-las actividades de certificación e diagnóstico enerxético nos edificicos e nas industrias.
h) Favorece-la integración dos obxectivos enerxéticos nos sectores medioambientais e nos sectores productivos do seu ámbito.
i) Protexe-lo medioambiente e reducí-lo impacto da polución a base da aplicación das novas tecnoloxías.
j) Reforza-la investigación tecnolóxica sobre a enerxía.
k) Calquera outra análoga que sirva o obxecto xeral da fundación.
Artigo 5.- Fins
A fundación dirixese á consecución dos seguintes fins:
A) Potenciar e desenvolver proxectos que teñan en conta o aproveitamento de fontes de enerxías renovabeis, así como a optimización dos recursos enerxéticos locais.
B) Apoiar a elaboración de estudios de viabilidade destinados á implantación de fontes de enerxías alternativas.
C) Realización de campañas de sensibilización a favor do aforro e eficiencia enerxética.
D) Apoiar a realización de auditorías medioambientais e a investigación de eficiencia enerxética.
E) Informar e asesorar ós consumidores sobre as novas fontes enerxéticas.
F) Elaborar un balance enerxético.
G) Colaborar no seguimento das principais magnitudes enerxéticas do sector.
H) Poñer en funcionamento un centro de documentación con fondos bibliográficos, documentais e audiovisuais que faciliten a conexión e a difusión da eficiencia e o aforro enerxético.
I) Desenvolver unha función activa na promoción do consumo de bens con etiquetado enerxético en tódolos sectores da sociedade mediante programas de formación e de educación para persoas adultas e actividades didácticas para nenos/as encamiñadas a potencia-la capacidade de participación das persoas no aforro e a eficiencia enerxética, asi como no fomento das enerxías renovabeis.
J) Impulsa-la elaboración e publicación de fondos bibliográficos e documentais sobre as actividades da fundación tanto no papel como na rede.
K) Potencia-la creación dunha “Asociación de Amigos da enerxía” que facilite a comunicación e interrelación da Axencia cos cidadáns e cidadás,
L) Fomentá-los mecánismos de comunicación, interrelación e coñecemento entre as diversas iniciativas sobre aforro, eficiencia enerxética e fomento das enerxías renovabeis impulsadas polos organismos adicados a tales fins, establecendo as relacións de cooperación necesarias.
M) Calquera outro relacionado co obxecto fundacional e que o padroado acorde.
TITULO III.
DOS MEMBROS DA FUNDACIÓN
Artigo 6º.- Membros fundadores.
Son membros fundadores os que constitúen e crean a fundación e que se relacionan a continuación:
- Concello de Vigo.
- Autoridade Portuaria de Vigo.
- Instituto da Enerxía de Galicia (INEGA)
- Deputación Provincial de Pontevedra.
- Mancomunidade da área intermunicipal de Vigo.
- Universidade de Vigo.
- Consorcio da zona franca de Vigo.
- Caixanova.
- Grupo PSA-Peugeot-Citroën.
- ISOFOTON
- Gas Galicia
- Unión Fenosa.
Artigo 7º.- Membros benefactores.
1.-Son membros benefactores aqueles que se incorporen á fundación con posterioridade ó otorgamento da carta fundacional e que sexan aceptados polo padroado nas circunstancias establecidas.
2.-A condición de beneficiario adquírese tras acordo motivado adoptado pola maioría absoluta dos membros do padroado, tras a solicitude ó efecto da persoa ou entidade interesada dirixida o presidente do padroado.
3.-A solicitude, no caso de persoas xurídicas deberá ir acompañada da certificación do acordo adoptado polo máximo organo da entidade no que se exprese a vontade de adhesión e o sometemento a estos estatutos e as normas que os desenvolven, así como as demáis disposicións aplicables, co compromiso expreso de asumí-los dereitos e as obrigas que de todos eles se deriven.
Artigo 8º.- Membros de honor.
Son membros de hornor aquelas persoas físicas ou xurídicas que en virtude de acordo adoptado pola maioría absoluta dos membros do padroado e en atención os seus relevantes méritos ou servicios colaborando na consecución dos fíns propios da fundación, así se designen.
Artigo 9º.- Dereitos e obrigas.
Os membros da fundación terán os seguintes dereitos e obrigas:
a) Cumpli-los estatutos, normas que os desenvolven e acordos que, de forma válida, se adopten.
b) Asistir con voz e voto ás reunións dos órganos colexiados en que estean representados, conforme a estos estatutos.
c) Satisface-las achegas ordinarias e extraordinarias que se establezan en cada caso e para cada clase deles.
d) Participar nos órganos complementarios que no seu caso se creen, na forma que se determine.
e) Cumprir e facer cumprir os fins da fundación, servindo ó cargo coa delixencia dun administrador leal.
f) Conserva-los bens e dereitos que integran o patrimonio da fundación e manter plenamente a súa productividade, segundo criterios financieiros e dacordo coas circunstacias econoómicas.
g) Recibir información por medio dos seus representantes, e obte-la éstes para si no exercicio interno das súas funcións.
h) Observa-las normas de disciplina, orde e cortesía nos actos en que interveñan: así como calquera outra establecida pola lexislación, por estos estatutos e normas que e os desenvolven e cantas se determinen no regulamento de réximen interior.
Artigo 10º.- Separación dos membros benefactores.
1.-Os membros benefactores da fundación poderán separarse libremente dela sen outro requisito que a previa comunicación expresa e escrita o padroado.
2.-Tamén o padroado poderá decidir a separación no caso de incumplimento notorio e reiterado das súas obrigas e tras a instrucción do oportuno expediente con audiencia do membro afectado, e previo requerimento para que cese na conducta motivo da separación que fose desatendido por aquel.
Non será preciso o referido requerimento previo no caso de actos que afecten gravemente os intereses xerais ou atenten de modo patente contra o obxecto ou os fins da fundación.
3.-Non obstante o incumplimento de calquera obriga para coa fundación non será determinante da separación si o membro a cumprise voluntariamente antes de producirse o acordo de separación, e xustificase debidamente o motivo do retraso no cumplimento. Unha vez acordada a separación o membro deixará automáticamente de estar representado nos órganos de goberno da fundación nos que participase.
TITULO IV.-
ORGANOS DE GOBERNO, REPRESENTACIÓN E ADMINISTRACIÓN
CAPITULO PRIMEIRO
DISPOSICION XERAL
Artigo 11º.- Órgano de goberno
A fundación será dirixida, gobernada e administrada por un padroado, sen máis limitacións que as establecidas pola lexislación vixente.
CAPITULO SEGUNDO
DO PADROADO
Artigo 12º.- Funcións do padroado.
1.-O padroado é titular exclusivo de tódalas facultades que en dereito sexan precisas para o eficaz desenvolvemento do obxecto e fins fundacionais. Correspondenlle, con carácter enunciativo, as recollidas no punto 3 deste artigo e a interpretación destes estatutos: todo isto sen menoscabo de que o protectorado exerza as facultades que a lexislación vixente lle atribue sobre as fundacións privadas.
2.-No exercicio das súas funcións o padroado poderá levar a efecto toda clase de actos e negocios xurídicos sen máis requisitos e formalidades que os establecidos na lexislación vixente.
3.-O padroado correspondenlle as seguintes funcións:
1. A iniciativa para a modificación dos estatutos e a súa tramitación perante o protectorado.
2. Aprobación dos orzamentos e aceptación de subvencións.
3. Aprobación dos regulamentos de réxime interior e de servicios.
4. Determinación do réxime de xestión dos servicios.
5. Aprobación do cadro de persoal e as súas modificacións.
6. Nomeamento e cese, tralo correspondiente expediente, do director xerente e do demáis persoal directivo no seu caso.
7. Aprobación de tarifas.
8. Aprobación de operacións de crédito, acudindo ó crédito oficial, ó publico ou a préstamos de entidades bancarias ou de aforros e concertar operacións de tesoureria.
9. Adquisición, administración e disposición respecto os bens mobles e inmobles.
10. Nomeamento dos censores de contas e aprobación destas.
11. Aprobación da organización de calquera evento que celebre a fundación.
12. Aproba-las concesións así como as súas condicións económicas e técnicas.
13. Entender e resolver cantas cuestións lle sexan sometidas polo director xerente e asímesmo a suspensión das súas decisións cando vaian en contra da legalidade, dos presentes estatutos, dos acordos do propio padroado, dos intereses xerais ou do obxecto ou fins da fundación.
14. Admisión de novos membros, nas súas distintas modalidades e o seu cese cando proceda.
15. O exercicio de accións en nome da fundación ante calquiera órgano xudicial, arbitral ou administrativo, en tódalas súas instancias, xurisdicións e graos, e outorgar poderes ó efecto.
16. A iniciativa para a transformación da fundación e a súa disolución e liquidación, así como a súa tramitación perante o protectorado.
17. Calquera outra que considere necesario exercer para a consecución do obxecto e fins fundacionais.
4.-A fundación poderá delegar as súas facultades, coa excepción das que según a normativa vixente sean indelegables, no presidente. Asímesmo poderá nomear apoderados xerais ou especiais con responsabilidades mancomunadas si son máis de un, e salvo que no nomeamento fágase constar a solidaridade.
Artigo 13º.- Os membros do padroado.
1.-O padroado estará integrado por un total de 21 membros, a máis dos de honra que non poderán exceder de 3, que contarán con voz e voto que se adscribiran ós seguintes cargos:
- Presidente: O Alcalde-Presidente do Concello de Vigo.
- Vicepresidente: Elexido polo padroado por maioría absoluta de entre os vocais.
- Vocais: Un representará ós membros benefactores elexido por e de entre eles e, os restantes, ás entidades fundadoras, coa seguinte asignación:
: Concello de Vigo: 1
: Instituto de Enerxía de Galicia (INEGA): 2
: Deputación Provincial: 2
: Consorcio Zona Franca: 2
: Caixanova: 2
: Grupo PSA Peugeot – Citröen: 2
: Gas Galicia: 2
: Autoridade Portuaria de Vigo: 1
: Mancomunidade da área intermunicipal de Vigo: 1
: ISOFOTON: 1
: Unión Fenosa: 1
: Universidade de Vigo: 1
2.-O período de mandato dos membros do padroado será de 4 anos: poidendo ser reelexidos indefinidamente por períodos de tempo de igual duración.
3.-O presidente, o vicepresidente e os vocais cesarán automáticamente nos seus cargos cando cesen nas entidades ás que representan. Tamén cesarán a petición propia. En ambos casos a designación de quen os susbtitua operará por un período de tempo igual ó que resta do mandato.
4.-Cando os ceses non sexan cubertos e as vacantes supoñan a maioría absoluta dos membros como mínimo, o padroado continuará en funcións ata a data da súa renovación, adoptando só as decisións de xestión ordinaria precisas e diferindo as demáis ata que se produza a renovación ou se complete a maioría absoluta. Tamén deberá adoptar aquelas outras decisións que de non facelo poidan afectar gravemente os intereses xerais ou o obxecto e fíns da fundación.
Artigo 14º.- Réxime de sesións.
O padroado reunirase ordinariamente unha vez ó trimestre, e extraordinariamente cando o acorde o seu presidente ou unha terceira parte dos seus membros.
Artigo 15.- Convocatoria das reunións.
1.-As reunións do padroado serán convocadas polo seu presidente.
2.-As convocatorias efectuaranse con catro días de antelación como mínimo á data da reunión, mediante citación dirixida a cada un dos seus compoñentes na que constará a orde do día, lugar, data, e hora de celebración.
No caso de urxencia xustificada a xuizo do presidente, éste poderá convocar o padroado con 48 horas de antelación, por calquera medio que acredite a recepción da citación por parte dos seus membros.
Artigo 16.- Constitución e acordos.
Para a validez das reunións do padroado deberán estar presentes cando menos a maioría dos seus membros, coa presencia do presidente e o secretario ou persoas que os sustituian legalmente, salvo no caso previsto no apartado 4 do artigo 13.
Os acordos adoptaranse por maioría simple, salvo que a lei ou os presentes estatutos esixan maioría cualificada.
CAPITULO TERCEIRO
DOS DEMÁIS CARGOS DA FUNDACIÓN
Artigo 17º.- O presidente.
1.-O presidente do padroado e da fundación será o Alcalde-Presidente do Concello de Vigo.
2.-A duración do seu mandato será a mesma e coincidirá coa dos restantes membros do padroado.
Artigo 18º.- Funcións do presidente.
O presidente do padroado, órgano executivo e impulsor do seu funcionamento, correspondenlle as seguintes funcións:
a) Dirixi-lo goberno e administración da fundación.
b) Representar legalmente á fundación e ó seu padroado, e exercita-las accións xudiciais e administrativas, podendo conferir poderes para tal fin, sempre tralo acordo do padroado, salvo no caso de urxencia en que poderá face-lo directamente, dandolle conta ó padroado na primeira sesión que celebre.
c) Convocar e presidir as reunións do padroado e dirimir os empates con voto de calidade.
d) Dirixir, inspeccionar e impulsar os servicios e actividades da fundación e asegura-lo seu normal funcionamento.
e) Dispoñer gastos conforme os orzamentos, ordear os pagamentos e render contas.
f) Executar, cumprir e facer cumprir as decisións propias e as do padroado.
g) Conferir delegacións das súas propias funcións, excepto aquelas legalmente indelegables.
h) Exercer cantas outras lle correspondan conforme ás disposicións legais e regulamentarias, estes estatutos e as normas que os desenvolvan, así como as demáis de carácter ordinario precisas para o eficaz funcionamento da fundación ou que lle correspondan por delegación do padroado.
Artigo 19º.- O vicepresidente.
1.-O vicepresidente será nomeado polo padroado de entre os seus membros por maioría absoluta.
2.-Terá como función substituír ó Presidente no caso de ausencia, enfermidade, vacante ou impedimento de calquera clase, así como por delegación expresa deste.
Artigo 20º.-O Secretario.
1.-O Secretario será elexido polo padroado por maioría absoluta dos seus membros.
2.-O cargo de secretario non poderá recaer en ningunha persoa que exerza a representación de calquera dos órganos da fundación.
3.-As súas funcións serán as seguintes:
a) Secretaría dos órganos colexiados da fundación, as sesións da cal asiste con voz para informar e asesorar, pero sen voto.
b) A asesoría xurídica-administrativa da fundación.
c) A fé pública de tódolos actos, resolucións e acordos dos órganos da fundación.
d) A redacción das actas e a certificación dos acordos.
e) A xefatura da secretaría e dos servicios xurídicos-administrativos.
f) A asistencia e colaboración ós órganos da fundación, para a adecuada execución dos seus acordos e resolucións.
g) As demáis propias do seu cargo que lle encomende calquera dos órganos executivos da fundación.
Artigo 21º.- O Director Xerente.
1.-O director-xerente é o órgano que baixo a superior dirección do padroado e do seu presidente encárgase da dirección administrativa e a xestión dos asuntos da fundación.
2.-Será nomeado polo padroado a proposta do seu presidente, tralo consenso cos grupos políticos que integran a Corporación Municipal. O desempeño do cargo será incompatible co de calquera outro retribuído ou non nalgunha das corporacións, entidades e organismos que estean representados nos órganos rectores da fundación, ou en empresas vinculadas ou relacionadas co obxecto ou fins desta, séndolle de aplicación o réxime de incompatibilidade previsto para os altos cargos da administración.
3.-Ó tratarse dun cargo de confianza e alta dirección o réxime da súa vinculación coa fundación será laboral especial a través dun contrato de alta dirección contemplado no artigo 2 do Real Decreto Lexislativo 1/1995 de 24 de marzo e disposicións que o desarrollan. Excluirase específicamente do contrato a consideración de calquera cláusula de blindaxe ou indemnizatoria similar por Resolución contractual anticipada.
A duración do contrato será a que acorde o padroado, sen que poida exceder de catro anos, renovabeis expresamente por períodos de igual ou menor duración á inicialmente acordada.
4.-Son funcións específicas do director-xerente as seguintes:
a) Preparar, estudiar e executar os programas especificos de actuación aprobados polo padroado.
b) Dirixir e organizar os servicios, baixo a superior dirección do padroado e o seu presidente.
c) Desenvolver os orzamentos, ordear os gastos xunto co presidente ou membro do padroado en quen delegue e propoñerlle o padroado a liquidación das contas.
d) Exerce-la xefatura directa do persoal e consecuentemente propoñerlle o padroado a aprobación do cadro de persoal e a creación, modificación ou extinción dos servicios, o establecemento das condicións de traballo, e o réxime retributivo do persoal a través dos procedementos legalmente establecidos, así como o seu nomeamento e cese, premio ou sanción.
e) Redactar os regulamentos de réxime interior e de servicios.
f) Executa-los acordos do padroado e as resolucións do seu presidente.
g) Asistir ás sesións do padroado con voz pero sen voto.
h) Outorgar escrituras de formalización de adxudicacións, préstamos ou créditos, librar, aceptar, negociar ou renovar documentos mercantis ou de crédito nos bancos oficiais, banca privada e caixas de aforro, dispoñendo dos seus fondos da forma legalmente establecida, todo isto tralos acordos do padroado ou do presidente no seu caso.
i) Calquera outra que lle sexa encargada polo padroado ou o seu presidente.
CAPITULO CUARTO
REMUNERACIÓNS
Artigo 22º.- Retribucións e indemnizacións.
1.-Ningún dos cargos recollidos neste título serán retribuídos agás o de secretario, o de director-xerente e o do membro que actúe como apoderado xeral no seu caso, no suposto autorizado polo artigo 14.4 da Lei 7/1983, de 22 de xuño, na súa relación dada pola Lei 11/1999, de 8 de novembro.
2.-Non obstante os padroeiros terán con carácter xeral dereito ó aboamento de tódolos gastos que o exercicio do cargo lles ocasione, e entre eles os de viaxe e estadía para asistencia a reunións ou a realización de misións relativas á fundación que se lle encomenden. Asimesmo percibirán as axudas de custo pola asistencia ás sesións polo importe que fixe o padroado dentro dos límites legal e regulamentariamente establecidos.
CAPITULO QUINTO
DOS ÓRGANOS COMPLEMENTARIOS
Artigo 23º.- Órganos complementarios.
Os órganos complementarios, as funcións dos cales consistirán básicamente na realización de estudios e na emisión de informes, dictámenes e propostas, estructuraránse e determinaránse no regulamento de réxime interior da fundación que aprobe o padroado. Tales funcións serán consultivas, asesoras e non vinculantes para os órganos directivos salvo que expresamente se dispoña o contrario no regulamento de réxime interior.
Artigo 24º.- A Comisión asesora.
1.-Co obxecto de contribuir á consecución dos fins da fundación o padroado poderá nomear unha comisión asesora composta por un máximo de 4 membros de recoñecido prestixio no ámbito da promoción, aforro, eficacia e eficiencia na utilización racional da enerxía.
2.-A duración do nomeamento dos seus membros será de catro anos, poidendo renovarse indefinidamente por perídos da mesma duración.
Artigo 25º.-“Asociación de amigos da enerxía”.
A fundación constituirá e promocionará unha “asociación de amigos da enerxía” integrada polas persoas ou entidades que sen ser socios fundadores nin benefactores patrocinen e colaboren na forma que se estableza ca fundación. A asociación desarrollará un programa propio: o contido do cal, xunto cos requisitos para integrarse na asociación e os dereitos e deberes dos seus membros incluirase no regulamento de réxime interior.
TÍTULO VI.
DO PATRIMONIO E RÉXIME ECONÓMICO
Artigo 26º.- Patrimonio.
1.-O patrimonio da fundación integrao toda clase de bens, dereitos e accións, sen máis limitacións que as establecidas polas leis.
2.-A dotación inicial figurará na carta fundacional, suscrita polos fundadores.
3.-Os demáis recursos da fundación poderán proceder de.
a) As achegas ordinarias ou extraordinarias dos seus integrantes que estableza o padroado.
b) Subvencións que reciba de entes públicos ou particulares.
c) Auxilios, doazons “intervivos”, herdanzas e legados.
d) Ingresos procedentes de actividades, servicios e publicacións.
e) Xuros de contas crediticias.
f) Productos do seu patrimonio.
g) Calquera outro que sexa procedente dacordo coa lexislación vixente.
4.-Os bens e dereitos que integran o patrimonio da fundación deberán figurar ó seu nome nos correspondentes inventarios. Os que sexan susceptibles de inscripción inscribiranse nos correspondentes rexistros.
5.-Os fondos públicos e valores mobiliarios deberán depositarse ó nome da fundación en establecementos de crédito. Só manterase na caixa da fundación os fondos mínimos indispensables para atender as necesidades diarias de funcionamento.
6.-Poderán adscribirse á fundación por parte dos seus membros para o seu uso e disfrute e sen transmisión de dominio os bens e dereitos que a lexislación autorice: os cales deberán figurar no balance da entidade polo seu valor de cesión, debidamente separados dos que son da súa titularidade e polo tanto integrados no seu patrimonio.
7.-O importe da achega inicial de cada un dos membros da fundación incluirase na carta fundacional xunto coa dotación inicial.
As sucesivas achegas faranse por anualidades e ata o ano 2004 contarán co mismo importe da inicial, modificado unicamente en función da variación do IPC.
A partires do ano 2005 o importe das achegas será fixado anualmente polo padroado, tendo en conta a situación patrimonial da fundación, as axudas e subvencións con que conta, as esixencias do cumplimento dos seus fins, o número de entidades benefactoras e patrocinadoras e calquera outra circunstancia relevante.
8.-En todo caso estaráse ó establecido nas disposicións citadas no artigo 1º dos estatutos.
Artigo 27.- Aplicación das rentas ó obxecto fundacional.
A fundación non conta con ánimo de lucro polo que tódolos seus ingresos serán aplicados ó cumprimento dos seus fins sen perxuizo da aplicación dos necesarios dentro dos límites previstos pola lexislación vixente a sufragar os gastos necesarios de xestión e administración.
Artigo 28º.- Orzamentos
1.-Antes de iniciar cada exercicio económico anual o órgano de goberno da fundación aprobará e remitiralle o protectorado o orzamento de ingresos e gastos correspondentes o dito exercicio, que non poderá ser presentado con déficit. Na confección do orzamento poderán seguirse os mesmos criterios do plan xeral de contabilidade ou calquera outro xeralmente admitido, sempre que se cumpran, cando menos, os requisitos sinalados no art.28.2 do regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado por Decreto autonómico 248/1992, de 18 de xuño.
2.-Cando se trate de levar a cabo actuacións excepcionais non previstas nin incluídas no presuposto ordinario o padroado deberá confeccionar un orzamento extraordinario. Os orzamentos extraordinarios haberán de ser equilibrados, figurando neles unha suma de ingresos equivalente á dos gastos extraordinarios que conteñan.
3.-En todo caso a conservación e mellora das instalacións afectadas os fins da fundación fárase con cargo os seus orzamentos.
4.-Os orzamentos, tanto ordinarios como extraordinarios, terán quee adaptarse ó establecido no citado decreto 248/1992, do 18 de xuño.
Artigo 29º.- Contabilidade.
1.-A actividade contable da fundación deberá axustarse ás normas de contabilidade xeral expañola e as esixencias da lexislación fiscal que lle sexan aplicables.
2.-A fundación deberá levar como mínimo os seguintes libros.
- O libro de inventarios e balances.
- O libro de orzamentos.
- O diario.
- O libro de actas.
Todos eles deberán ser previamente autorizados mediante o selado de tódolos folios e unha dilixencia na que conste o número deles.
3.-En todo caso deberá cumprirse as previsións contidas nos artigos 26, 27 e 28 do Decreto 193/1984, de 6 de setembro.
Artigo 30º.-Réxime económico.
O réxime económico establecerase e o control da situación económica da fundación polo protectorado fárase conforme o previsto nos artigos 36 e 37 do Decreto 193/1984, de 6 de setembro.
TITULO VII
DO RÉXIME INTERNO DO SERVICIO E DO PERSOAL
Artigo 31º.- Regulamento do réxime interno e do servicio.
Unha vez constituida a fundación o padroado aprobará os regulamentos de réxime interno e do servicio, ós que deberá axustarse a fundación tanto no seu funcionamento interno como na prestación dos servicios e a realización de actividades dirixidas a lograr o obxecto e a satisfacer os fins fundacionais.
Artigo 32º.- Réxime do persoal.
A relación da fundación co seu persoal será de carácter laboral, o amparo do previsto no estatuto dos traballadores e demáis normas de xeral aplicación.
TITULO VIII
DA MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS
Artigo 33º.- Modificación dos estatutos.
A modificación dos estatutos procederá nos casos previstos no artigo 38 do Decreto 193/1984, de 6 de setembro e a través do expediente previsto no precepto seguinte de dita norma.
TITULO IX
DA FUSIÓN, MODIFICACIÓN E EXTINCIÓN DA FUNDACIÓN
Artigo 34º.- Da fusión e modificación.
Para a fusión e modificación da fundación estaráse o previsto nos artigos 40, 41 e 42 do Decreto 193/194, de 6 de setembro, procedendo só nos casos e polo procedemento establecido en ditos preceptos.
Artigo 35º.- Extinción da fundación.
A extinción da fundación requerirá da súa disolución e liquidación e procederá nos casos e a través do procedemento establecido nos artigos 43, 44 e 45 do Decreto 193/1984, de 6 de setembro.
Descargar todas as imaxes