O Concello fará 74 novos contratos ao cargo do programa municipal Vigo Emprega
O alcalde deu conta esta mañá da contratación doutros 74 traballadores no marco do programa Vigo Emprega II, dotado con 1,5 millóns de euros. Esta iniciativa municipal permite darlle traballo durante seis meses a 215 desempregados.
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á selección de personal beneficiario do programa de inserción laboral Vigo Emprega, na súa segunda concovatoria. Nesta tanda, contratarase a 74 persoas durante seis meses, cun orzamento de 540.000 euros. O número total de beneficiarios desta iniciativa municipal ascende a 215 desempregados e o investimento é de 1,5 millóns de euros. Tal e como detallou o rexedor, cun 3% dos contratados son discapacitados; un 25%, mozos de entre 18 e 25 anos; un 18%, mulleres; un 18%, maiores de 25 e menores de 54 anos, e, un 18% parados de longa duración. Trátase, por tanto, de persoas de difícil empregabilidade que construirán de beirarrúas en distintos puntos da cidade, mellora e consolidación de elementos patrimoniais como muíños, melloras en cemiterios ou canalizacións en campos de fútbol, entre outras accións. Vigo Emprega é un dos plans laborais desenvolvidos desde o Concello de Vigo que conta cunha partida global de máis de 6 millóns para xeración directa de emprego.
Na mesma Xunta de Goberno Local ratificáronse nove candidaturas para solicitar outras tantas bandeiras azúis para 2015: Punta, Tombo do Gato, Argazada, Fontaíña, Vao, Canido, Fortiñón, Rodas e Figueras. Tamén se solicitarán distintivos temáticos en praias tendo en conta a ruptura de barreiras arquitectónicas e atención a persoas discapacitadas. Asimesmo, tamén se solicitará a renovación do galardón Sendeiro Azul 2015: sendero de ribera e litoral denominado Camiño á Beiramar. Manigfestou a súa vontade de volver a ser a cidade con máis bandeira azúis, engadindo esta petición á da cesión da titularidade do río Lagares que onte lle trasladou á Xunta de Galicia. Lembrou que o obxectivo é manter o cauce deste río nas mellores condicións posibles e destacou que non pide contrapartida económica algunha.