Escoitar

Caballero eloxia a faceta persoal e profesional de Álvarez Blázquez no centenario do seu nacemento

O alcalde de Vigo participou este xoves nun acto académico-escolar organizado pola Fundación Penzol para homenaxear a figura de Xosé María Álvarez Blázquez, na celebración dos 100 anos do seu nacemento. Case medio centenar de alumnos do IES Alexandre Bóveda interpretaron unha peza musical composta por eles mesmos.

xoves, 5 feb 2015
1423143261centenario.JPG
Caballero sumouse hoxe á homenaxe que a Fundación Penzol organizou para conmemorar o centenario do nacemento de Xosé María Álvarez Blázquez. Un home "excepcional", dixo o rexedor nunha rolda de prensa previa, que marcou unha etapa en favor da cidade, "no xeito de entender Galicia a través de Vigo". O alcalde lembrou que no 2008 o Día das Letras Galegas foi adicado a este escritor e poeta, adscrito á chamada generación del 36.

No acto participaron 45 alumnos do IES Alexandre Bóveda de Vigo, que interpretaron unha peza musical composta por eles mesmos.
Descargar todas as imaxes