Escoitar

O Concello asumirá a instalación de herba sintética no campo de fútbol do Colexio Hogar

O alcalde reiterou esta mañá a vontade do goberno local de acometer a renovación do campo de fútbol do Colexio Hogar dado que a propietaria, A Fundación, non asume as súas responsabilidades. Tal e como se fará no campo de O Carballal, sustituirase a terra por herba sintética de última xeración. O rexedor visitou hoxe as instalacións con ténicos municipais e membros da directiva do clube.

mércores, 4 feb 2015
O alcalde reiterou hoxe mércores a decisión do goberno local de asumir a remodelación do campo de fútbol do Colexio Hogar, aínda que non sexa un estadio municipal. O rexedor criticou á propietaria do campo, A Fundación, por manter ese campo nun "estado lamentable" e avanzou que o Concello xa está a planificar a renovación do estadio, incluíndo a substitución da terra por herba artificial de última xeración.

Ao mesmo tempo, Caballero indicou que as pistas de atletismo do estadio de Balaídos xa están abertas e todos os clubes e deportistas entrenando con normalidade.