O Concello colabora co SabadellGallego cunha campaña de promoción do comercio na cidade
Promovida polo banco SabadellGallego coa colaboración do goberno de Vigo, a iniciativa tiña como obxectivo impulsar o comercio de proximidade e contou coa adhesión de 600 establecementos e a participación de 55.000 persoas. Responsables da entidade e o alcalde, Abel Caballero, participaron na entrega de tres cheques de mil euros a outros tantos comercios, gañadores dun sorteo entre os establecementos titulares de TPV.
A campaña "Cremos en Vigo" é unha proposta do SabadellGallego que contou coa colaboración do Concello, creada para promocionar a imaxe da cidade e animar á cidadanía a facer as súas compras no comercio local.
Abel Caballero amosou a súa satisfacción pola campaña e "unha expresión de cercanía" e apoio da entidade bancaria ao pequeno e mediano comercio de Vigo que está a vivir un incremento de negocio "certamente significativo". Neste punto lembrou tamén os efectos positivos de campañas como a desenvolvida polo Concello no Nadal pola "súa contribución a estimular as ventas".
Este mércores, no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, tivo lugar a entrega de tres cheques a otros tantos gañadores de 1.000 euros (Regalos Cerpe, La Bonavita Moda e La Tenda Guapa), tras resultar agraciados nun sorteo entre establecementos titulares de TPV. Hai uns días, dentro da mesma campaña, o rexedor entregoulle un cheque de 3.000 euros a unha cliente que gañou outro sorteo. Este acto tamén contou coa participación do alcalde de Vigo, Abel Caballero, o director rexional do SabadellGallego, Juan Moríñigo, e o director de zona, Ricardo Rodríguez Moreiras.
Segundo explicaron, un total de 600 establecementos da cidade adheríronse á iniciativa "Cremos en Vigo" de apoio ao comercio local, que contou coa participación de 55.000 persoas e na que o banco distribuiu case 25.000 bolsas ecolóxicas cun deseño exclusivo de Javier Mariscal.
Descargar todas as imaxes