Caballero pide á Xunta "sensibilidade" para solucionar a situación dos usuarios de San Francisco
O alcalde de Vigo reiterou esta mañá o apoio do goberno local para que os usuarios da San Francisco poidan seguir acudindo ao centro de Coia. Así llo trasladou aos responsables da Asociación aos que tamén lles garantiu o apoio municipal para organizar un ano máis o campionato de natación de Special Olimpics nas instalacións de O Carme.
O Concello cooperará unha vez máis co certame de natación organizado por Special Olimpics nas instalacións de O Carme ás que se achegarán discapacitados síquicos de toda Galicia. Así llo trasladou aos seus promotores esta mesma mañá durante un encontro que mantiveron na Alcaldía e no que tamén se abordou a situación que está a sofrir a Asociación San Francisco -responsables tamén de Special Olimpics-logo da decisión da Xunta de trasladar aos usuarios do centro de Coia a unha empresa privada situada en Mos. A este respecto, Caballero reiterou o seu apoio á Asociación San Francisco "pola súa extraordinaria acción a favor de persoas con discapacidade síquica durante 50 anos". Cualificou de "intolerable" que a Xunta quera desprazar aos usuarios en contra da vontade das familias, tendo en conta que o 96% queren quedarse no centro de Vigo. Rematou esixindo á Xunta "sensibilidade" pera resolver esta situación.
Descargar todas as imaxes