Escoitar

Pleno da Corporación

venres, 6 feb 2015


PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 1


CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA (xaneiro) que terá lugar o día 9 de FEBREIRO de 2015, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


PARTE RESOLUTIVA

1.- Actas anteriores: (Acta extraordinaria e ordinaria do 1.12.2014 e extraordinaria do 22.12.2014).


.- Intervención de D. Antonio Fernández Romeu para expoñer a situación das urxencias do Hospital do Meixoeiro. Expte. 1035/1101.


2.- Declaracións institucionais.



3.- Ditames das comisións informativas:


XESTIÓN MUNICIPAL E MOBILIDADE
3.1.- Proposta da aprobación definitiva da Ordenanza Municipal Reguladora do Servizo do Taxi na cidade de Vigo. Expte. 361/449 (Rexistro Pleno 1038/1101).

ECONOMÍA, FACENDA E EDUCACIÓN
3.2.- Dar conta do informe do Interventor Xeral de avaliación do cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria 2015. Expte. 102454/140 (1027/1101).

3.3.- Dar conta do informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigacións previstas no Texto Refundido da Lei de Contratos do sector público, correspondente ao 4º trimestre do ano 2014. Expte. 15001/541 (1040/1101).

URBANISMO
3.4.- Aprobación inicial da Modificación Puntual núm. 10 do PXOM de Vigo, ámbito da APR A-4-09 Calvario 6, en execución da sentenza nº 135/2013 do TSXG. Expte. 14373/411 (Rexistro Pleno 1034/1101).

3.5.- Aprobación inicial da Modificación Puntual núm. 11 do PXOM de Vigo no ámbito do PERI IV-01 San Roque en execución das sentenzas 788/2012 e 259/2013 do TSXG. EXPTE. 14410/411 (Rexistro Pleno 1033/1101).

3.6.- Corrección de erro material do PXOM na delimitación gráfica da dotación educativa existente Niño Jesús de Praga. Expte. 14857/411 (Rexistro Pleno 1036/1101).


4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.


5.- Mocións:

5.1.- Moción do grupo municipal Socialista esixindo á Consellería de Sanidade a restablecer as funcións das dúas profesionais da Sección de Análises Clínicos e da Sección de Hematoloxía do CHUVI. Expte 933/1101

5.2.- Moción do grupo municipal Socialista instando ao Goberno do Estado a garantir o acceso ás novas terapias aos doentes de Hepatite C de acordo co criterio dos médicos especialistas e instar á Xunta de Galicia para que os novos fármacos se dispensen nas farmacias hospitalarias. Expte. 1041/1101.


6.- Asuntos ou mocións urxentes.


PARTE DE CONTROL

1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.

1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.


2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.

3.- Comparecencias de membros da Corporación.


4.- Mocións.

4.1.- Moción do Grupo municipal do BNG instando ao goberno municipal a iniciar o proceso para a municipalización do servizo do abastecemento e saneamento de auga. Expte. 1028/1101.

4.2.- Moción do Grupo municipal Socialista propoñendo ao Pleno a deseñar no prazo de tres meses un plan global a fin de investir os fondos procedentes do novo Plan de Estímulo á economía europea. Expte. 1039/1101.

4.3.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal a redacción inmediata e posta en marcha dun Plan Xuvenil Municipal. Expte. 1030/1101.

4.4.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal a habilitar terreos para a posta en marcha dos Puntos Limpos da cidade previstos no PXOM. Expte. 1031/1101.

4.5.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal a por en funcionamento en localizacións municipais infrautilizadas "espazos de emprego" onde se leven a cabo todas aquelas iniciativas susceptibles de xerar emprego. Expte. 1032/1101.


4.a. Mocións urxentes de control do goberno municipal.


5.- Formulación de rogos.

6.- Formulación de preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA (xaneiro) no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día NOVE DE FEBREIRO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.
am
Vigo, 5 de xaneiro de 2011
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,



Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.