Escoitar

Obradoiro sobre Xénero e Fomento da Igualdade

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro sobre XÉNERO E FOMENTO DA IGUALDADE"de carácter gratuíto que se impartirá na Casa das Mulleres.As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás persoas empadroadas en Vigo.Inscrición previa desde o día 6 de febreiro e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00 h.

venres, 6 feb 2015
Obradoiro: "XÉNERO E FOMENTO DA IGUALDADE".

Dirixido a : homes e mulleres maiores de 18 anos.

Contidos:

Marco Conceptual. O sistema sexo-xénero
Estereotipos de Xénero. Análise da socialización diferencial e a publicidade e a prensa
A situación dos homes e as mulleres galegas. Educación; situación laboral; participación política etc.
Comunicación en igualdade. A expresión dos nosos desexos. A resolución pacífica dos conflitos. O bo trato cara un ou unha mesma e cara os demáis.
Retos de futuro. A globalización e o xénero. Introducción á economía feminista.


Período e horarios:os martes desde o 3 de marzo ata o 28 de abril de 18.00 a 20.30 h. (8 sesións, 20 horas de duración total)

Lugar de realización: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20.
Máis información: www.igualdadevigo.org "