Escoitar

Bases de participación nas Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas

A Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Interfolc, as XIII Xornadas de danza e música tradicionais galegas, que terán lugar os días 7 (acto de presentación) e 20 (concurso) de outubro no anfiteatro de Valadares e o 27 de outubro (final) no Auditorio Mar de Vigo. A solicitude de inscrición realizarase en impreso normalizado no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei, s/n – 36202 VIGO) ou ao fax 986 22 16 66, dende o día 3 de setembro ata as 13:30 horas do día 15 de setembro de 2012.

luns, 3 set 2012
A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado venres día 30 as bases de participación nas xornadas, nas que poderán inscribirse todas aquelas agrupacións de danza e música galegas que o desexen e pertenzan a unha entidade legalmente constituída, sen ánimo de lucro. O grupo terá obrigatoriamente un mínimo de cinco parellas mixtas no escenario, e os seus compoñentes deberán ser maiores de 15 anos