O Concello oferta máis de 5.800 prazas nas escolas deportivas municipais e Caballero di que se espera outro ano de inscrición récord
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe que as escolas deportivas municipais, do 1 de outubro ao 31 de maio, ofertarán esta vindeira tempada máis de 5.800 prazas tanto para nenos e nenas de 6 a 18 anos como para adultos, ademais de para colexios, asociacións veciñais e outros colectivos. As escolas desenvolveranse en dezaseis polideportivos, dúas piscinas e cinco campos de fútbol, ademais de en salas multiusos dos complexos.
O prazo, graduado en función das actividades, da renovación de matrículas ou da inscrición de novo alumnado, realizarase ao longo do mes de setembro. A renovación dos antigos alumnos de patinaxe, os días 3 e 4 (os vindeiros luns e martes), dará o pistoletazo de saída á nova campaña, na que o Concello prevé superar por segundo ano consecutivo os 4.000 nenos e nenas inscritos. De feito, os 4.091 rexistrados nos cursos do ano pasado foron a mellor cifra do século.
Para o alcalde, as escolas son "unha gran prioridade no deporte de base e xogan un papel central" na política deportiva local. Por iso o IMD destina a este programa 229.000 euros, 5.000 máis que a campaña pasada. "Imos mantendo as achegas financeiras", afirmou o rexedor respecto deste programa, ao que a situación económica xeral non afecta tampouco este ano.
Abel Caballero presentou o programa de escolas 2012/2013 acompañado polo concelleiro de Deportes e presidente do IMD, Manel Fernández, e polo director técnico do Instituto Municipal de Deportes, Ángel Lago. Corenta e catro entidades, entre clubs da cidade (39) e federacións autonómicas (Badminton, Squash, Tenis de Mesa, Tenis e Triatlon), achegan os seus cualificados cadros técnicos para que nenos e nenas aprendan ou perfeccionen os seus coñecementos do modo máis axeitado.
Caballero lembrou que cando as escolas naceron (1971) foron 150 nenos e nenas os que participaron nun limitado número de deportes. "Agora bátense marcas", sostivo. O alcalde explicou que o novo lema do deporte vigués, "Vigo, terreo de xogo", tamén se refire a estas escolas: "Queremos que Vigo se converta nun campus polideportivo". Os nenos e nenas de 6 a 18 anos poden optar por 26 modalidades, entre as que destacan as 1.595 prazas para fútbol, as 585 para patinaxe artística, as 530 de balonmán ou as 490 que engloban todas as ximnasias (rítmica, artística e acrobática). Ademais hai 25 prazas para discapacitados en baloncesto e igual número en natación, baixo a supervisión do C.D. Amfiv.
Os adultos tamén teñen o seu oco con 51 prazas entre defensa persoal, tenis de mesa e tiro con arco.
Outro capítulo a destacar son as preto de 800 prazas para colexios, anpas ou asociacións veciñais en seis modalidades: baloncesto, fútbol sala, karate, patinaxe, voleibol e xadrez.
Caballero concluíu que o seu goberno "quere situar no mascarón de proa ao deporte vigués".
O IMD abre en setembro seis prazos de matrícula. Os tres primeiros son para antigos alumnos e alumnas: de patinaxe (3 e 4 de setembro), ximnasia artística, rítmica e tenis (6 e 7) e de todas as modalidades (do 11 ao 13 de setembro); logo, apertura de prazo para novos alumnos e alumnas, sempre que haxa prazas libres, en patinaxe, baloncesto e natación sincronizada (18 e 19); en tenis e ximnasias (do 21 ao 24 de setembro) e para todas as modalidades (do 26 ao 28). A partires do 26 de setembro poderán inscribirse os adultos nas súas tres modalidades. o IMD manterá a matrícula permanente de outubro a abril do 10 ao 22 de cada mes.
O prezo da inscrición será de 41,35 euros para nen@s, 106,40 euros para a inscrición en natación sincronizada e 123,90 € para as persoas adultas.
Descargar todas as imaxes