Escoitar

Santos Héctor critica que os orzamentos da Deputación non inclúan un so investimento para Vigo

O deputado provincial e concelleiro de Emprego, Santos Héctor, advertiu hoxe xoves de que nos 152 millóns que compoñen o orzamento da Deputación non hai ningunha partida específica para Vigo. Durante a comparecencia de prensa, argumentou a marxinación de Vigo nas contas provinciais aludindo aos 4,8 millóns que inviste no Museo de Pontevedra, ao tempo que abandona o Padroado do Marco. <br />

xoves, 30 ago 2012
1346334613santos.jpg
Os orzamentos da Deputación non inclúen unha soa partida específica para o Concello de Vigo, segundo denunciou hoxe xoves o deputado provincial e concelleiro de Emprego, Santos Héctor. Dos 152 millóns das contas, detallou, non hai investiemento algún para Vigo, mentres que, en cambio, recollen 4,8 millóns para o Museo de Pontevedra. O edil socialista criticou ao líder provincial por marxinar Vigo, en referencia ao abandono do Padroado do Marco ou a EMAO, ao tempo que aporta 7 millóns de euros -que acabaron en 20- en remodelar o campo de fútbol. Durante a súa comparencia de prensa, Héctor lembrou que os orzamentos do ente provincial tiveron que ser acompañados por un plan económico fianceiro esixido pola Xunta porque "non se axustaban á lei, é unha das máis endebedadas", remarcou.

No tocante a investimentos en políticas de emprego, o concelleiro socialista aludiu ao convenio por valor de 2 millóns de euros asinado o pasado 18 de xullo entre Deputación e Consellería de Traballo para a contratación de desempregados na provincia. Segundo este acordo, a Deputación contrata directamente aos desempregados e os pon a disposición dos concellos pero, puntualizou, a Vigo non lle correspondeu ningún. Ao tempo que criticou á Xunta por "non confiar nos Concellos para facer estes contratos e usar a Deputación como intermediario", referiuse a diminución dos programas de cooperación da Xunta de 2 millóns en 2008 ata os 33.000 este ano, así como a non renovación doutros como os obradoiros de emprego ou os plans experimentais, que en Vigo lograron máis inserción laboral da esixida nas convocatorias dos devenditos plans. Unha vez máis, contrapuxo a ausencia total de políticas de xeración de emprego da Xunta en Vigo coa situación doutros concellos limítrofes, que si as reciben, como O Porriño ou Mos. Na opinión de Santos a diminución dos apoios ás políticas activas de emprego demostra que o PP só se lembra dos desempregados para xustificar recortes".


Descargar todas as imaxes