Escoitar

O alcalde inaugura o paseo marítimo da ETEA e a rehabilitación da factoría Garavilla para "a utilización da cidade"

Abel Caballero inaugurou este venres ambas melloras realizadas no barrio de Teis, "demandas históricas desta cidade" que supuxeron un investimento municipal de 1,3 millóns de euros en conxunto. O alcalde recordou que o paseo marítimo da ETEA, que recupera ademais a praia, mantén a "estrutura histórica do adoquín" para axustarse aos criterios de Patrimonio. Caballero avanzou que nun mes iniciarase a reforestación de A Guía e próximamente abriranse as instalacións deportivas da ETEA.

venres, 25 mar 2011
1301061114teis.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este venres "para a utilización da cidade" o paseo marítimo e ecolóxico da ETEA e a rehabilitación da antiga conservera Garavilla, cun investimento total aproximado de 1,3 millóns de euros.

Subliñou Caballero que a pasarela -con 850.000 euros de orzamento- era unha "demanda histórica desta cidade" , despois de permanecer tanto tempo pechada. Recordou que "fai un ano" que o Concello abriu a ETEA e agora está "de forma permanente" para uso cidadá.

"Mantemos a estrutura histórica do adoquín" no paseo, asegurou Caballero, respectando así os criterios establecidos por Patrimonio. Afirmou o primeiro edil estar ante "un dos momentos máis felices desde que son alcalde" pois "hoxe Vigo ten unha praia máis", que continuará a súa ampliación coa area procedente de Areal.

Pola súa banda, a rehabilitación da conserveira Garavilla conlevou medio millón de euros de investimento municipai e será destinado para usos socioculturais. Esta "peza histórica, parte da estrutura industrial de Vigo" e hoxe para "utilización colectiva" da veciñanza, polo que Caballero amosou a súa "satisfacción".

O socialista recordou que o Concello está a actuar tamén nas praias de A Lagoa, Mende, Rios e Manquiña e nos parques de Riouxa, Barrio das Flores e A Guía, e avanzou que "antes dun mes" empezará a reforestación de A Guía e proximamente comezarán a operar as instalacións deportivas da ETEA, actualmente en obras de reforma.

Abel Caballero felicitou á veciñanza de Teis porque "ésta é unha actuación deles", unha "antiga reivindicación" do barrio.
Descargar todas as imaxes