Escoitar

Inaugurada a biblioteca pública municipal "Xosé Neira Vilas"

A concellería de Cultura e Animación Sociocultural promove a biblioteca pública municipal "Xosé Neira Vilas" na avda. Martínez Garrido, num. 21, como unha actuación directriz de posta en marcha de servizos bibliotecarios, dentro da rede municipal de bibliotecas que se pretende desenvolver.A biblioteca permanecerá aberta no seguinte horario. Horario de inverno (do 16 de setembro ao 14 de xuño): mañás de martes a sábado de 11:00 a 14:00h e tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h. Horario de verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro): mañás de martes a sábado de 11:00 a 14:00h; tardes: de luns a venres de 18:00 a 20:30h.

venres, 25 mar 2011
1301050599biblioteca.jpg
Esta nova biblioteca implántase nun territorio con densidade poboacional significativa, onde a biblioteca pública municipal é o servizo cultural de proximidade por excelencia para atender á veciñanza dun radio de 15-20 minutos camiñando, e complementando, así a gama diversificada dos servizos preexistentes do territorio.

A obra de rehabilitación dos locais realizouse en 2009, de acordo co proxecto redactado polo arquitecto José Carlos Rodríguez Otero; a partir do plan funcional, primeiro dos pasos da planificación do proceso, elaborado previamente por persoal especializado en bibliotecas públicas.

CARACTERÍSTICAS XERAIS DA BIBLIOTECA

A biblioteca "Xosé Neira Vilas" é unha biblioteca pública, tanto pola titularidade, que é municipal, como polas persoas ás que se dirixe: ao conxunto da cidadanía sen ningún tipo de distinción de idade, raza, sexo, relixión, condición ou opinión, en contraposición ás bibliotecas de acceso restrinxido (investigación, escolares, universitarias, etc.).

Tamén é a primeira das bibliotecas de proximidade da futura rede municipal de bibliotecas, no sentido que prestará un servizo de lectura pública nun área determinada e que chegará a coordinar a súa acción con outras bibliotecas municipais que configurarán a rede (grupos coordinados de bibliotecas que comparten programas bibliotecario común, recursos e servizos, para lograr un mellor servizo aos cidadáns), ademais da súa inclusión actual na Rede de Bibliotecas de Galicia.

A parte de prestar os servizos tradicionais dunha biblioteca porá énfase no desenvolvemento de servizos e recursos adaptados ás necesidades culturais e informativas específicas do seu contorno establecendo vínculos de cooperación coas organizacións cidadáns da súa área de influencia.

A súa misión é a de ser o centro territorial de comunicación, información e promoción lectora. Un espazo que sexa un referente para a zona, no que os veciños acudan para xerar demandas, satisfacer necesidades ou simplemente un lugar de encontro, integrador das distintas sensibilidades sociais e vitais que coexisten e conviven ao seu redor.

A biblioteca ofrecerá os servizos de préstamo e consulta en sala, información, así como formación a quen a desexe. Desenvolverá actividades como a hora do conto, clubs de lectura, presentación de libros, conferencias, ... Ademais de servir como apoio ás escolas e os diversos colectivos cidadáns.

O centro conta a día de hoxe con 42 postos de lectura, entre as seccións de adultos, infantil e prensa, 10 postos de audiovisuais, 2 postos de consulta do catálogo (un para adultos e outro para infantil), 2 postos de información, 10 ordenadores de uso libre e WI-FI. Actualmente disponse de 66 postos de usuario, ampliables a 72 postos.

ORGANIGRAMA DE SERVIZOS

De acordo co plan funcional a biblioteca pública municipal quedaría organizada nas seguintes áreas, servizos e recursos.

1.- INFORMACIÓN E PRÉSTAMO
Atención ao usuario.- Información. Préstamo e devolucións. Inscrición de socios. Reserva de postos informáticos, de audición e visionado. Servizos de impresións para o público
Consulta dos fondos da biblioteca
Recursos.- Mostrador, (2 postos de uso interno). 1 posto informático.
Superficie. 23,25 m2

2.- FONDOS XERAIS
Consulta de fondos de información, coñecemento e ficción: narrativa, poesía, teatro e outros xéneros.
Recursos.- 16 postos de consulta en mesa. 5.100 vol., aprox
Superficie: 52,12 + 10,12 m".

3.- PRENSA, REVISTAS E REFERENCIA
Lectura e consulta de prensa e revistas, presencial e en liña
Lectura e consulta de bases de datos, enciclopedias, presencial e en liña
Recursos.- 30 títulos. 4 postos de lectura en butaca. Módulos de andeis especiais. 12 postos de lectura e consulta. (2 postos informáticos). 200 vol., aprox.
Superficie: 41,19 m2.

4.- ESPAZO MULTIMEDIA
Alfabetización dixital
Acceso público a internet e ofimática.
Recursos.- 6 postos informáticos.
Superficie: 12,98 m2.

5.- ESPAZO XUVENIL
Lectura de cómics e ficción
Música, imaxe e xogos. Audición e visionado: Blue-rae, dvd, Discman, mp4, cadea de música. Xogos electrónicos. Wii e play station.
Recursos.- 2.650 vol., aprox. 6 postos de lectura informal.
Superficie: 63,20 m2.

6.- INFANTIL: DE 0 A 14 AÑOS
Fondos infantís: Coñecementos, ficción e cómics.
Acceso a internet e ofimática.
Xogos electrónicos educativos
Consultas pais e nais (fondos específicos).
Recursos.- 2.200 vol. e 660 cd e dvd, aprox. 1 bancada. 16 postos de lectura en mesa. 2 postos de consulta informática.
Superficie: 106,50 m2.

7.- ÁREA DE TRABALLO INTERNO.
Xestión e dirección. Proceso físico e técnico dos fondos. Deseño, preparación e montaxe de actividades. Deseño de mostras bibliográficas.
Recursos.- 4 postos de traballo. Mesa de traballo e reunións
Superficie: 18,65 + 9,00 m2.

8.- ESPAZO WIFI
Conexión wifi, espazo provisto con tomas eléctricas. 7 postos.
Superficie: 12,08 m2.

9.- OUTROS (aseos, limpeza, etc.)
Superficie: 32,10 m2.

SUPERFICIE ÚTIL TOTAL: 389 M2. POSTOS USUARIOS: 72.


FONDOS E MOBILIARIO

O plan funcional da biblioteca prevé un fondo de 9.000 exemplares, (fondo xeral e infantil: coñecementos, ficción, música e imaxe) que se dotarán progresivamente ata un máximo de 11.000 exemplares.

Neste primeiro ano 2011, a biblioteca inicia a súa andaina cun total de 7.824 títulos. O Concello de Vigo achega 6.010 títulos co contrato de subministro que ten realizado e outros 1.000 títulos a través doutros recuros propios; a Consellería de Cultura e Turismo achega 500 títulos de fondo galego e 314 títulos de comic (2 exemplares por cada título).

O mobiliario da biblioteca corre por conta da Consellería de Cultura e Turismo por un importe estimado de 166.000 €.

AS PRIMEIRAS ACTIVIDADES

A biblioteca municipal Xosé Neira Vilas no seu afán de ser un centro de reunión, de diversidade e entretemento desenvolverá o longo dos próximos meses unha serie de actividades enfocadas a todas ás idades.

- 26 de marzo, sábado. 12:00h. Os ratiños da caixa
A primeira das actividades correrá a cargo duns ratiños que viven na biblioteca. Teremos, como non, contos ... de aquí e de alá, de antes e de hoxe, que lle teñen contado ou que ten lido.

A actividade terá lugar o sábado día 26 de maio as 12.00 horas, o aforamento é limitado a 40 persoas e por reserva previa na propia biblioteca dende o día 24 de marzo (máximo de catro entradas por familia). Esta actividade e aconsellable para nenos entre 3 e 10 anos, sempre acompañados de seus pais.

- 2 de abril, sábado. 12:00h. Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Obradoiro ao redor da figura de Hans Christian Andersen

O próximo día 2 de abril ás 12.00 horas, por mor da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o centro únese a meta da UNESCO de promover a difusión do libro entre os máis novos, para fomentar o seu enriquecemento cultural. Para festexar o nacemento duns dos autores máis celebres da literatura infantil Hans Christian Andersen ofrecerase unha actividade lúdica baseada na figura deste gran escritor e do seu mundo fantástico.

O aforamento é limitado e por reserva previa na propia biblioteca. As invitacións pódense recoller na mesma biblioteca dende o día 26 de marzo. Esta actividade e aconsellable para nenos maiores de 5 anos ata 12 anos, como máximo.

- 20 de abril, mércores. 12:00h. Celebracón do Día Internacional do Libro (23 de abril). Obradoiro de Encadernación

O 23 de abril conmemórase o Día internacional do Libro, e para celebralo realizarase un obradoiro de encadernación. Onde ensinarase o emprego da técnica xaponesa de encadernación. O obradoiro estará limitado a 20 persoas de todas as idades, que poderán inscribir dende o sábado 16 de abril na biblioteca.

Este ano o Día das Letras Galegas conmemora ao poeta e representante da contracultura dos oitenta Lois Pereiro. Uníndose a esta celebración a biblioteca realizará unha lectura pública dunha escolma dos seus poemas máis significativos e un recital poético-visual a cargo da poetisa Olga Patiño e Pepe Cácamo. A montaxe visual correrá a cargo da fotógrafa Maribel Longueira. O acto terá lugar o día 16 de maio, as 19.00 horas e o seu aforamento é limitado.
1301050599biblioteca.jpg
1301050610biblioteca1.jpg
Descargar todas as imaxes