A Concelleira, Laura López Atrio, informa que O Consello Escolar Municipal de Vigo apoia a remodelación e ampliación das instalacións do CEIP Altamar na súa ubicación actual
O Consello Escolar Municipal de Vigo, en sesión plenaria do 1 de xullo de 2010, aprobou instar ás administracións autonómica e municipal a adoptar un acordo con carácter de urxencia para solucionar a situación de falta de espazo e inadecuación á normativa do CEIP Altamar.
O 1 de xullo de 2010 tivo lugar o primeiro Pleno da nova andaina do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV), no que se presentaron os resultados do proceso de elección do alumnado, dando a benvida ás catro alumnas representantes no Consello, así como os plans de traballo das dúas comisións existentes no seu seo.
A Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa centrará os seus esforzos na mellora da convivencia escolar, como obxectivo estratéxico do que se derivan programas de integración, prevención e atención ao alumnado con problemáticas diversas, así como de promoción da participación da comunidade educativa, en aras dunha educación de calidade e inclusiva.
Pola súa banda, a Comisión de Equipamentos e de Planificación Educativa asumíu a dobre reto de promover medidas para actualizar o Mapa Escolar de Vigo, adecuándoo ás necesidades socioeducativas actuais, e de mellorar as infraestruturas dos centros públicos e privados da cidade.
Respecto deste último punto, presentouse unha proposta en relación coa situación do CEIP Altamar, aprobándose por maioría do Pleno un acordo polo que se insta, con carácter de urxencia:
Á Xunta de Galicia, para que tome en consideración e execute no máis breve prazo posible, a oferta municipal de remodelación e ampliación en 1.200 m2 das actuais instalacións do CEIP Altamar na rúa Cesáreo González, de acordo co informe urbanístico presentado.
Ao Concello de Vigo, a que realice as xestións oportunas para axilizar ao máximo a concesión dos permisos e licencias necesarias.
A Concelleira de Educación, Laura López Atrio, asegura que o emprazamento proposto para o Colexio Altamar "é o máis axeitado" asegura que "xa non hai pretextos, o proxecto está enriba da mesa e a Xunta de Galicia non pode mais que aceptalo, é a súa obriga"
Descargar todas as imaxes