Santi Domínguez destaca a boa acollida das actividades interxeneracionais ao aire libre de Benestar Social
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitaron este venres unha das sesións das actividades interxeneracionais ao aire libre, en concreto a que ten lugar os mércores e os venres na zona axardinada da avenida Castelao, á altura do número 49
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitaron este venres unha das sesións das actividades interxeneracionais ao aire libre, en concreto a que ten lugar os mércores e os venres na zona axardinada da avenida Castelao, á altura do número 49. Na visita, o nacionalista destacou que este ano o programa ampliouse a sete espazos, dada a boa acollida rexistrada o ano pasado, cando participaron máis de 1.000 persoas nas actividades propostas.
"É un pracer poder comprobar que están funcionando francamente ben as actividades interxeneracionais que temos espalladas por sete puntos da cidade", manifestou Santi Domínguez, tras participar xunto a María Méndez nunha das danzas. Explicou que este programa de iniciativas lúdicas e saudables dá continuidade aos cursos de avellentamento activo que se desenvolven ao longo do ano nos barrios e nas parroquias.
O programa, que se desenvolve de 10.30 a 11.30 horas de luns a venres, está dirixido especialmente ás persoas maiores cos seus netos e netas, aínda que toda a cidadanía que o desexe pode participar sen necesidade de inscrición previa. "Non podiamos parar no verán, e neste caso poden gozar maiores e netos", comentou o tenente de alcalde ao respecto.
As actividades propostas son catro, tai chi, danzas do mundo, saúde e diversión e musicoterapia. Agás os mércores, o resto dos días celebraranse dúas sesións simultaneamente. Así, os luns o programa é na Praza da Independencia e fronte o mercado de Teis; os martes, no Calvario, fronte ao mercado e no parque de Castrelos fronte as taquillas do auditorio; os mércores na avenida de Castelao, fronte ao número 49; os xoves na praza da Constitución e fronte o mercado do Calvario; e finalmente os venres, na alameda de Bouzas e na avenida de Castelao fronte ao número 49.
Descargar todas as imaxes