Escoitar

Eudosio Álvarez confirma que apareceron restos dun enterramento nun sondeo no adro da concatedral

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, confirmou hoxe a aparición de restos dun enterramento nun sondeo preventivo realizado diante do adro da concatredral, previo ao inicio das obras de reforma das rúas do contorno. Os restos foron xa tapados, seguindo os procedementos técnicos esixidos, para garantir a súa protección.

xoves, 8 xul 2010
Eudosio Álvarez explicou que a aparición deste enterramento era unha variable coa que xa se contaba. "Non é sorprendente que nesa zona atoparamos restos, porque era moi habitual facer enterramentos aorredor das igrexas", segundo dixo. O concelleiro indicou que se atopou parte dun esquelete nunha tumba escavada na terra.

Os sondeos preventivos que se están realizando nese ámbito teñen como finalidade valorar o impacto que as obras previstas poden ter no patrimonio histórico. A aparición deste restos nesa cata fai recomendable realizar dous novos sondeos para definir a realización