O goberno local interviu en 300 quilómetros da rede de saneamento da cidade
Isaura Abelairas destacou hoxe xoves o esforzo municipal por dotar ao municipio dunha boa rede de saneamento que sexa quen de descargar á depuradora do Lagares e de evitar as inundacións nos meses de choivas. Dos 961 quilómetros de rede de sumidoiros que ten a cidade o concello leva 200 quilómetros revisados e outros 100 contan con tuberías novas ou reparadas.
A concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas, explicou hoxe xoves que o goberno municipal interviu en 300 quilómetros da rede de saneamento dos 961 quilómetros de sumidoiros cos que conta a cidade. A edil socialista incidiu no esforzo do goberno local por dotar ao municipio vigués dunha boa rede de saneamento capaz de sacar carga a depuradora do Lagares e evitar que nos meses de inverno se produzcan inundacións.
"En todas as rúas humanizadas por este goberno cambiamos, entre reparacións e tuberías novas, preto de 100 novos quilómetros", explicou Isaura Abelairas, quen destacou que "o que máis custa das humanizacións é o que está debaixo das rúas".
A socialista tamén quixo destacar a importancia da implantación dunha rede separativa de augas pluviais que permite que a EDAR do Lagares traballe con máis eficiencia.
Dos case 8 millóns de euros que o goberno local destina a humanizacións no rural vigués unha parte importante adícase precisamente a este capítulo. Así o amosan inversións que corresponden só a saneamento en parroquias como Candeán, con 470.000 euros, Coruxo, con 140.000 euros de inversións ou Valadares, con 86.000 euros.
Descargar todas as imaxes