Escoitar

Xabier Alonso anima a presenciar o Premio Cidade de Vigo de Atletismo o vindeiro sábado nas pistas de Balaídos

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este mércores o XXXI Gran Premio Cidade de Vigo de Atletismo, que terá lugar nas pistas de Balaídos o vindeiro sábado 10 de xullo a partir das 19 horas. O nacionalista animou aos vigueses e viguesas a achegarse a Balaídos e asegurou que será un "espectáculo deportivo que merece a pena contemplar".

mércores, 7 xul 2010
1278515659Trofeoatletismo.JPG
Segundo Xabier Alonso, o campionato "non vai defraudar", porque contará coa participación de campións olímpicos e plusmarquistas mundiais entre os que figuran non só atletas españois, senón tamén procedentes de Cuba, Arxentina, Lituania e Portugal.

O campionato incluirá, respecto ás probas de distancia, 100, 400, 1.000, 1.500 e 5.000 metros lisos, así como xabalina, pértiga, martelo e triplo. O concelleiro de Deportes agradeceu a participación na presentación do presidente da delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo, Eleuterio García, o seu vicepresidente, Ramón Magariños, o director técnico, Hipólito Sousa, e o secretario da dirección técnica, Alfonso Posada.
Descargar todas as imaxes