O Concello asina un convenio de 18.000 euros coa Asociación de Persoas Xordas de Vigo
Abel Caballero explicou que os cartos son para a contratación dun intérprete para que as persoas con dificultades e que se expresan mediante a linguaxe de signos poidan mellorar a súa calidade de vida. O alcalde lembrou as medidas de accesibilidade levadas a cabo polo Concello vigués e o recoñecemento por esta labor co premio Cocemfe
O alcalde de Vigo asinou esta mañán un convenio de colaboración coa Asociación de Persoas Xordas de Vigo para que poidan contar cun profesional intérprete de lingua de signos que facilite a comunicación directa aos discapacitados auditivos.
Abel Caballero sinalou que o importe do convenio é de 18.000 euros que redundarán na calidade de vida das persoas con dificultades que se expresan a través da linguaxe de signos.
O alcalde enfatizou nas medidas de accesibilidade levadas a cabo nos últimos tempos na cidade e lembrou o Premio Nacional de Accesibilidade, Cocemfe, recollido hai varias semanas. Sin ir máis lonxe onte entraron en funcionamento de xeito experimental os semáforos con avisadores acústicos especiais para cegos en sete rúas da cidade.
Descargar todas as imaxes