"Landriña descobre os segredos do pazo" é a nova proposta do Museo de Castrelos para o domingo día 11
O Museo de Castrelos desenvolverá o domingo 11 de xullo unha nova edición do programa "Domingos de Museo", segundo indica o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez.
O Museo de Castrelos desenvolverá o domingo 11 de xullo unha nova edición do programa "Domingos de Museo", segundo indica o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez. A nova actividade, gratuíta e destinada especialmente a nenos e nenas de 4 a 12 anos, leva por título "Landriña descobre os segredos do pazo" e comezará ás 11.30 horas.
Este domingo, a mascota do museo Landriña, guiará aos participantes no obradoiro nun breve percorrido polo pazo. Da súa man descubrirán os segredos que se esconden tras as súas paredes e nas obras de arte expostas. Ademais, a visita inclúe unha subida ás torres do pazo, así como xogos e actividades estreitamente relacionadas coa proposta.
"Domingos de museo" ten por obxectivo dar a coñecer o Museo da Cidade a todos os públicos mediante un obradoiro dunha hora de duración. Nel poden participar ata 15 nenos e nenas cun máximo de dous acompañantes. As persoas que acompañan aos menores poden participar na actividade ou ben deixalos ao coidado do persoal educador.
Ademais do programa "Domingos de museo", o Pazo Quiñones de León acolle outras actividades como a visita xeral, que baixo o nome "O pazo, historia e curiosidades" se deseenvolve os domingos ás 12.30 horas sen necesidade de facer inscrición previa. Esta actividade trata de presentar de xeito ameno a historia do pazo Quiñones de León. No percorrido, os participantes descubrirán algunhas curiosidades do pazo e das coleccións e como complemento subirán ás torres dende as que se pode gozar dunha privilexiada visión dos xardíns acompañada dunha breve explicación.
Para participar nas visitas guiadas para grupos e asociacións ao pazo de Castrelos é preciso realizar a reserva previa reserva, ao igual que ás visitas guiadas á sala de arqueoloxía e obradoiro de arqueoloxía, no teléfono 986 295 070.
Os percorridos guiados ao xacemento de O Castro, de maio a setembro, desenvólvense todos os días agás luns de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas, e de outubro a abril, todos os días agás luns de 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas. As visitas guiadas ao xacemento da Villa Romana de Toralla, de outubro a maio, son os martes, venres, sábado e domingo de 12 a 18 horas e de xuño a setembro, de martes a domingo de 12 a 20 horas.