Vigo será escenario da película ”Los lunes al sol”, de Fernando León
O director de ”Los lunes al sol”, Fernando León de Aranoa, sinalou a actitude favorable do Concello de Vigo para permitir e facilitar a rodaxe de películas na cidade. Este filme está producido por Elías Querejeta e conta coa participación de actores como Javier Bardem, Luis Tosar, José Ángel Egido e Nieves de Medina.
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, expresou o seu desexo de que o equipo se sinta identificado con Vigo, que será o único enclave no que se filmará a película para darlle continuidade ó guión. O presuposto da película é de 560 millóns de pesetas.
Sinopse
Unha cidade costeira, que xa hai tempo que lle deu as costas ó campo e se rodeou de industrias que a fixeron medrar desproporcionada a empurróns, e a alimentaron de inmigración e traballadores e debuxaron para ela un horizonte de chemineas, de aristas e esperanzas, de futuros desarraigos. Unha cidade na que ninguén mira cara o mar porque o mar é rutina semanal, traballo cotiá.
Un grupo de homes que viven nesta cidade, que percorren as súas rúas en costa cada día, que fan dos seus bares trincheiras, das súas barras soporte de esperanzas e silencios, que miran os reloxos con recelo e camiñan despacio porque non teñen a ónde ir.
Esta é a súa historia, unha historia de presencias e de ausencias, de calendarios antigos, de bos e malos ratos, de teléfonos que nunca soan, de memoria doce, pegañenta, de silencios, de abandonos, unha historia de fraxilidade e blindaxes, de tenras e caladas esperanzas.
Funámbulos de fin de mes, e de principio tamén. Funánbulos sen rede e sen público, sen aplausos ó final, que camiñan cada día pola corda frouxa do traballo precario, que suxeitan a súa existencia con estadas de esperanza e fan das súas poucas alegrías trincheira, como se ese naufraxio do que tratan de poñerse a salvo a diario non fose o seu mentres falan das súas cousas e rin, de todo e de nada en concreto, esperanzados, tranquilos, a mañá dun luns ó sol.
Ficha técnica
PRODUCTOR: Elías Querejeta
En coproducción con Quo Vadis (Jerome Vidal)
Eyescreen (Andrea Occhipinti)
GUIÓN: Fernando Leon de Aranoa e Ignacio del Moral
DIRECTOR: Fernando León de Araona
PRODUCTOR ASOCIADO: Jaume Roures
PRODUCTOR ASOCIADO: Pancho Casal
AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Antonio Ordóñez
DIRECTOR DE PRODUCCIÓN: Primitivo Alvaro
XEFE DE PRODUCCIÓN: Gregorio Hebrero
AXUDANTE DE PRODUCCIÓN: José Luis Gago
COORDENADORA DE PRODUCCIÓN: Mariví Hebrero
DIRECTOR DE FOTOGRAFíA: Alfredo Mayo
2° OPERADOR: Jordi Abusada
DIRECTOR DE CASTING: Luis San Narciso
DIRECTOR ARTíSTICO: Julio Esteban
AXUDANTE DE DECORACIÓN: Alejandra Fernández
FIGURINISTA: Maiki Marín
SONIDO DIRECTO: Pierre Lorrain
MONTADOR: Nacho Ruiz Capillas
PERRUQUEIRO: Manuel García
MAQUILLADOR: Carlos Hernández
LABORATORIOS: MADRID FILM LAB
ESTUDIOS DE SONORlZACIÓN: CINEARTE
PRENSA: ENCANTO/Isabel Rodríguez
Ficha artística
SANTA... JAVIER BARDEM
JOSÉ... LUIS TOSAR
LINO... JOSÉ ANGEL EGIDO
AMADOR... CELSO BUGALLO
RICO... JOAQUIN CLIMENT
REINA... ENRIQUE VILLÉN
SERGUEI... SERGE RIABOUKINE
ANA... NIEVE DE MEDINA
NATA... AIDA FOLCH
ANGELA... LAURA DOMINGUEZ
LÁZARO... FERNANDO TEJERO
ABOGADO CARREÑO... ANDRÉS LIMA
FISCAL... CESAR CAMBEIRO
DIRECTOR BANCO... ANTONIO DURÁN
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes