O concelleiro de Emprego inaugura as obras realizadas polo Promil en Coia
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Delfín Fernández Álvarez, inaugurou esta mañá as obras de reforma que os traballadores do Plan Municipal de Integración Laboral (PROMIL) realizaron na Parroquia “Nuestra Señora Virgen del Rocío”, no barrio de Coia.
O acto, que tamén consistiu no descubrimento dunha placa dedicada ó traballo do PROMIL, contou coa presencia do párroco Emilio Velasco Baz, representantes da A.VV “Camiño Vello” e os traballadores que fixeron a obra, entre outros.
As obras consistiron na urbanización do solo do adro e das escaleiras exteriores de acceso ó Templo, antes de formigón, sendo de gran complexidade por utilizar unhas plaquetas ornamentais con debuxos xeométricos. Tres brigadas do PROMIL, compostas cada unha delas por tres peóns e un oficial, pasaron dous meses nas tarefas da devandita urbanización.
Co desenvolvemento desta obra emblemática cumpriuse co obxectivo de interese social, ó ser unha parroquia de gran tránsito no seu acceso exterior tamén de paso para locais veciñais, e co de formación práctica dos peóns na colocación de pezas ornamentais. Como é habitual nas obras do PROMIL, a man de obra, a dirección técnica e as ferramentas dependen deste programa de emprego, correndo a cargo da parroquia, neste caso, os materiais utilizados.
Na actualidade o equipo de traballo do PROMIL está constituído por case que un cento de persoas, que organizados en brigadas e baixo a dirección dun equipo técnico da Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, levan a cabo un programa de obras municipais de acordo coas necesidades suxeridas polos diferentes departamentos do Concello.
O PROMIL é unha das principais ferramentas do Plan Municipal de Emprego 2000-2003 para facilitar a inserción laboral dos desempregados de longa duración con especiais dificultades de desenvolvemento no mercado de traballo. Con este proxecto, pioneiro en Galicia, ó mesmo tempo que se lles ofrece ós seus beneficiarios un traballo e un salario dignos coa formación complementaria necesaria para mellorar significativamente a súa situación, intenta ser un servicio de verdadeiro interese e utilidade para ós vigueses, como é o da realización de determinadas obras municipais necesarias para a mellora do seu medio urbano e rural.