Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 27 de marzo de 2008

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Pleno da Corporación Municipal



Convócase ao Pleno da Corporación para ter lugar sesión ordinaria no salón de Plenos ás 09.00 horas do martes día 31 de marzo, para resolver os asuntos da seguinte relación:


1.- Acta anterior. (Sesión 28.01.08)

ALCALDÍA
2.- Cambio de representantes veciñais do Grupo Municipal Socialista nos organismos autónomos Escola Municipal de Artes e Oficios e Parque Natural das Ciencias-Vigozoo.

3.- Cambio de representante veciñal do Grupo Municipal do BNG no organismo autónomo Instituto Municipal dos Deportes.

XESTIÓN MUNICIPAL
4.- Dar conta da memoria do Tribunal Económico Administrativo correspondente ó ano 2007.

5.- Dar conta da resolución da Alcaldía de data 22.02.08, aprobando a liquidación do orzamento 2007 da entidade local e os seus organismos autónomos administrativos e do informe do interventor xeral de data 19 do mesmo mes, de cumprimento da estabilidade orzamentaria.

CULTURA, INDUSTRIA, TURISMO E PATRIMONIO HISTÓRICO
6.- Denominación de rúa co nome de "Ángela Iglesias Rebollar" no barrio de Teis. Expte. 10766/331.

7.- Denominación de rúas na zona da Travesía de Vigo cos nomes de "Rosario Hernández Diéguez, "A Calesa"" e "Carmen Miguel Agra". Expte. 10774/331.

8.- Denominación de rúas no PERI de Barreiro cos nomes de "Margarita Bilbatúa Zubeldia" e "Urania Mella Serrano". Expte. 10775/331.

9.- Denominación de rúa co nome de "Mercedes Núñez Targa" no barrio de Pardaíña-Rocío (Bouzas-Coia). Expte. 10777/331.

10.- Denominación de rúa co nome de "As Mallas" no barrio de Pardaíña. Expte. 10798/331.

11.- Denominación de rúas cos nomes de "Viveiro" e "Paraguda" na parroquia de Comesaña, barrio de Casas. Expte. 1988/234.

12.- Denominación de rúa co nove de "O Porbelo" no barrio de Lavadores. Expte. 1989/234.

13.- Denominación de catro viais na parroquia de Cabral. Expte. 1990/234.

14.- Deixar sen efecto acordo plenario do 30.01.06, polo que se deu o nome de "Antonio Nieto Figueroa, Leri" á Baixada a Samil, dando o devandito nome a unha nova rúa do PERI de Barreiro.

MOCIÓNS
15.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando a sinatura dun convenio coa Dirección Xeral de Política da PYME para a constitución de empresas por Internet.

16.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando a realización dun estudo de tráfico na rúa Mestre Mateo.

17.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando a realización dun proxecto de melloras de beirarrúas no barrio de Teis, nas rúas Santa Tegra e Devesa de Santa Tegra.

18.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando reclamar ó Ministerio de Fomento o pagamento da limpeza e mantemento do parque "Eduardo Dacosta" en Valladares ou ben a cesión da titularidade ó Concello.

19.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular propoñendo instar á Consellería de Educación a supresión de circular relativa ás Escolas Oficiais de Idiomas.

20.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular solicitando a publicación dunha guía informativa coa oferta educativa de Vigo cara o vindeiro curso académico.

21.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando solicitar ó Ministerio de Administracións Públicas e á Consellería de Innovación un convenio para implantación da sinatura electrónica.

22.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular relativa ós atrasos na tramitación de certificacións de idoneidade nos trámites de adopción.

23- Rogos e preguntas.
Mais noticias
Medalla da Cidade e Vigueses Distinguidos
Unha fin de semana para celebrar a Reconquista
Novas axudas para rehabilitar edificios e locais do Casco Vello cunha partida de 300.000 euros
Rotary Internacional celebra esta fin de semana en Vigo a súa asemblea anual
Vigo prepárase para organizar o Mundial de Hóckey sobre Patíns de 2009
Xunta de Goberno Local
Aprobación inicial da Ordenanza municipal reguladora das operacións de carga e descarga de mercadorías nas vías urbanas


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003