Escoitar

O Concello inicia a ampliación da Asociación de Veciños da Feira de Cabral

O alcalde deu conta esta mañá do inicio do proceso de ampliación de preto de 1.200m2 para ampliar a Asociación de Veciños de Cabral Feira. Segundo informou Caballero, esta actuación non afectará nin á zona de aparcamento nin á zona de ocio exterior coa que conta na actualidade o colectivo.

xoves, 30 abr 2026

Caballero anunciou que a semana que vén darase conta na Xerencia de Urbanismo do inicio do expediente expropiatorio para a obtención de 1.167m2 de solo destinado a novo equipamento ao lado da actual sede veciñal. Dada a gran actividade que desenvolve a entidade, explicou o alcalde, o Concello está a traballar na ampliación das instalacións para que poida realizar o seu “importantísimo labor nas mellores condicións”. A previsión é que esta actuación non afecte nin ás prazas de aparcamento nin ao espazo exterior.

Praza España

Outro dos asuntos que se abordarán na próxima Xerencia de Urbanismo será a aprobación definitiva do convenio da zona 7 da Praza España, sobre as parcelas comprendidas entre as rúas Emilia Pardo Bazán, Avenida de Madrid, Conde de Gondomar e Gran Vía. Este acordo súmase aos aprobados a semana pasada para as zonas 2 e 3 de Plaza España (parcelas comprendidas entre Gran Vía e as rúas Pizarro, Puerto Rico e Honduras).

O Concello segue avanzando no desenvolvemento urbanístico da zona, con proxectos singulares de alta calidade arquitectónica. Os promotores deberán tramitar previamente un estudo de detalle co obxectivo de que todos os espazos que non sexan ocupados pola edificación nas prantas baixas sexan de uso público.

 

 

 

 

Descargar todas as imaxes