Escoitar

Xornada de portas abertas nos xardíns históricos de Castrelos

Este domingo, 26 de abril, con motivo do Día Europeo dos Xardíns históricos o Concello organiza unha visita guiada para dar a coñecer as características deste recinto do Pazo de Castrelos.

mércores, 22 abr 2026

Vigo súmase á celebración da VII edición do Día Europeo dos Xardíns Históricos este domingo 26 de abril, organizando unha xornada de portas abertas no xardín histórico do Pazo de Castrelos, un recinto que está incluído no roteiro europeo de xardíns históricos.

O Concello organiza unha visita guiada na que se explicarán as características e peculiaridades dos xardíns, a súa historia e o seu valor social. Hai 8 quendas de visitas cunha hora de duración cada unha. Serán 4 pola mañá -de 10 a 14h- e 4 pola tarde – de 17 a 21h- en grupos dun máximo de 25 persoas. As inscricións para participar poden facerse a través do teléfono de información municipal 010. O Concello participa nesta iniciativa desde 2023 con gran éxito de público.

Descargar todas as imaxes