O Concello amplía o apoio á Agrupación de Teatro Amador de Vigo cunha axuda de 50.000 euros
Abel Caballero anunciou este xoves ás 18 entidades que forman parte da agrupación que no ano 2027 sumarán esta nova axuda ao apoio actual. O Concello cédelles de xeito gratuíto o Auditorio Municipal para poñer en escena as obras programadas nos certames de teatro.
“Iniciamos unha nova etapa” de apoio municipal ao traballo escénico das asociacións integradas na Agrupación de Teatro Amador de Vigo, avanzou o alcalde no acto de presentación da segunda edición da “Mostra de Teatro Amador”. Explicou que a nova axuda económica súmase aos 20.000 euros polo uso gratuíto do Auditorio Municipal para poñer en escena o programa de representacións.
O alcalde detallou que a mostra de 2026 desenvolverase as fins de semana desde o 2 de maio ao 13 de setembro. Ademais, manterá o sistema de pago inverso de billete da primeira edición polo que a entrada é gratuíta e os espectadores realizan as achegas económicas ao finalizar a representación.
A presidente da agrupación, Zazu Fernández, explicou que a segunda edición da “Mostra de Teatro Amador” aumenta en participación de formacións teatrais con respecto a 2025 ao sumar a 3 novas entidades e contar coa participación de 200 persoas. Animou á cidadanía a asistir ás representacións para superar os 2.000 espectadores do ano pasado.
Asociacións participantes
- Viguesa Artístico Cultural Bule Bule Teatro.
- Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo.
- Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valladares.
- Don Bosco María Auxiliadora.
- Sociedade Cultural Deportiva e Recreativa Helios.
- Centro Cultural Artístico e Recreativo Rueiro.
- Escola Oficial de Idiomas Porta Aberta.
- Grupo de Teatro Arco Iris.
- Allegro Teatro.
- Desfeita Teatro.
- Agrupación Folclórica Xalgarete de Vigo.
- Konflito Asociación Kultural.
- Teatral Fauna 113.
- La Casa del Teatro.
- Lameiro Compañía de Teatro.
- Noitebras.
- Teatreando Sin Parar.
- Colectivo Larolanxa.
Programa
- 02 de maio. 20.00 horas. Compañía Bule Bule: “Eloisa está debajo de un almendro”.
- 03 de maio. 19.00 horas. Compañía Camaux,: “Los querubines de la ría de Vigo” .
- 09 de maio. 20.00 horas. La Casa del Teatro:“A voda do esganarello”.
- 10 de maio. 19.00 horas. Desfeita Teatro: “Ai, avoa!!”.
- 16 de maio. 20.00 horas: Arco Iris Teatro: “La tienda de los horrores”.
- 23 de maio: 20.00 horas. Teatreando sin parar, con “El olvido”.
- 24 de maio. 19.00 horas. Teatro Escoitade, con “A cova das mil mulleres”.
- 31 de maio. 19.00 horas. Konflito, con “De velenos, amoría e outras ledicias do medievo”.
- 06 de xuño. 20.00 horas. Helios Teatro: “E a vostede que lle sucede”.
- 07 de xuño. 19.00 horas. Lameiro, Cia Teatro: “O lago das nenas malas”.
- 13 de xuño. 20.00 horas . Noitebras teatro, con “Retablo do esperpento” .
- 14 de xuño. 19.00 horas. Rueiro: “Profesión precaria”.
- 20 de xuño. 20.00 horas. Porta Aberta: “Que farían sen min”.
- 21 de xuño. 19.00 horas. Troate Laboratorio: “A rata”.
- 27 de xuño. 20.00 horas. O Eido teatro: “Larvae”.
- 28 de xuño. 19.00 horas. Fauna 113: “Sopa de morcego, SOS, Metamorfosis”.
- 12 de setembro. 20.00 horas. Larolanxa: “Crónicas marcianas”.
- 13 de setembro. 19.00 horas. Allegro teatro: “Don Quijote nos infernos”.