Escoitar

Caballero respalda o proxecto da Universidade de Vigo de contar cunha nova residencia para estudantes

Abel Caballero informou hoxe ao reitor Manuel Reigosa de que se reunirá co Goberno para trasladar o seu apoio á proposta da Universidade de Vigo de construír unha nova residencia de estudantes dentro do novo plan do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de implementar novos equipamentos habitacionales en distintas universidades.

venres, 13 mar 2026

O alcalde e o reitor da Universidade de Vigo repasaron este venres a situación dos proxectos compartidos polas dúas institucións, entre os que se atopa a cesión “inmediata” por Zona Franca dun edificio nas instalacións do Campus do Mar na ETEA. Caballero tamén explicou que coincidiu con  Reigosa ao considerar necesario contar con aulas de maiores na propia cidade.  

No transcurso do encontro, Caballero trasladoulle ao reitor a súa vontade de contactar co Goberno de España co obxectivo de que a UVigo poida formar parte do plan ministerial de crear novos equipamentos habitacionais. 

Descargar todas as imaxes