Escoitar

Concepción Campos, nomeada para presidir o Consello de Transparencia e Bo Goberno

O Goberno de España propón a Concepción Campos Acuña, secretaria da Xunta de Goberno do Concello de Vigo entre 2011 e 2021, para presidir o Consello de Transparencia e Bo Goberno.

mércores, 25 feb 2026

Abel Caballero destacou este mércores o currículo vitae da secretaria do Concello de Vigo durante 10 anos. Licenciada en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en dereito con cualificación “Cum Laude”. Ademais ten un máster en Dereito das Institucións e Administracións Públicas.

A esta formación académica suma 20 anos de experiencia na administración local. Campos Acuña atópase en excedencia do Concello de Vigo, exercendo como consultora e profesora asociada de Dereito Administrativo da Universidade Rovira i Virgili.

Caballero, tras destacar a vertente investigadora de Concepción Campos e a súa cooperación coa Federación Española de Municipios e Provincias, trasladoulle a súa felicitación e destacou a decisión do Goberno polo nomeamento “ dunha gran profesional cunha vocación de servizo público que no Concello de Vigo fixo un traballo excepcional”

Descargar todas as imaxes