Escoitar

O Concello aprobará este venres o convenio da ETEA para humanizar os accesos e construír un aparcadoiro

Zona Franca será a encargada de levar adiante as obras do aparcadoiro cun investimento de máis de 12 millóns de euros.

mércores, 28 xan 2026

Abel Caballero anunciou que o vindeiro venres a Xunta de Goberno aprobará o convenio da ETEA, polo que se formalizará a autorización a Zona Franca tanto para o aparcadoiro como para as actuacións urbanísticas. “Zona Franca e o Concello están a rescatar definitivamente a ETEA para Vigo e para a cidadanía”, afirmou.

O alcalde explicou que o Goberno municipal trasladou reiteradamente á Xunta a necesidade de urbanizar o ámbito, ofrecéndose o Concello a executar as obras se a administración autonómica enviaba os recursos necesarios. “A resposta da Xunta foi negativa: dixeron que non querían facelo, e así quedou paralizado desde o ano 2009”, subliñou.

Descargar todas as imaxes