Escoitar

Caballero dá a benvida á nova directiva do Instituto de Estudos Vigueses

O alcalde felicitou e desexou unha boa traxectoria a Mercedes Bangueses, nova presidenta do Instituto de Estudos Vigueses. A nova directiva acudiu á xuntanza para expoñer ao rexedor os obxectivos da institución para os próximos catro anos e agradecer a colaboración do Concello para desenvolver os seus proxectos. Mercedes Bangueses é doutora en Historia da Arte pola Universidade de Vigo. É a primeira muller en presidir o Instituto de Estudos Vigueses.

mércores, 14 xan 2026
Descargar todas as imaxes