O alcalde reúnese co comité de folga de radioloxía
Abel Caballero recibiu este mércores a unha representación dos radiólogos do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo que levan case un mes en folga para reclamar unha mellor atención aos pacientes.
Unha representación do comité de folga de radioloxía acudiu este mércores á xuntanza co rexedor, celebrada no Concello, logo de levaren case un mes en folga “facendo unha defensa tan importante dos seus pacientes e das condicións nas que se atende aos pacientes dos hospitais de Vigo”.
Caballero puxo en valor a “profesionalidade e o gran coñecemento” co que as radiólogas e os radiólogos do hospital desempeñan o seu traballo. Tal e como sinalou tras a reunión, están demandando que é preciso reforzar o número de radiólogos nas gardas para permitir “unha acción e intervención máis rápida”, algo tan importante na atención das urxencias e das gardas.