Escoitar

O alcalde acompaña a APAMP na súa intervención artística na Porta do Sol

Caballero achegouse á VIII intervención artística "Imaxinando a rúa" organizado por APAMP na Porta do Sol. Nesta edición participaron máis de cincocentas persoas na creación dunha cidade imaxinaria con distintos materiais como cartón, plastilina, elementos de reciclaxe e naturais. "Unha magnífica maqueta", expresou o rexedor.

venres, 20 xuñ 2025
Descargar todas as imaxes