O alcalde firma o convenio para a XXV edición do Marisquiño
Abel Caballero asinou hoxe co promotor de “O Marisquiño”, Carlos Domínguez “Pity”, o convenio de colaboración para a celebración da vixésimo quinta edición do festival urbano, “o maior da historia de Vigo”.

Abel Caballero expresou este luns a súa satisfacción polo eco internacional de cada unha das edicións do festival de deporte urbano “O Marisquiño” ao asinar o convenio para a edición de 2025, que conlevará unha achega de 1.342.000 euros por parte do Concello de Vigo.
O alcalde incidiu en que a administración municipal achega o 85 por cento do orzamento total da cita do deporte urbano. “É un investimento moi bo da cidade”, afirmou o rexedor “porque é unha forma de lanzar a Vigo co mellor certame de deporte urbano do mundo no verán”.
A 25 edición de O Marisquiño concita o interese de todo o mundo por participar, recalcou Caballero ao destacar que o festival é un referente mundial que agora se propón que o descenso urbano tamén sexa recoñecido como deporte olímpico, tras o skate.
“Teremos un gran Marisquiño”, afirmou o alcalde.
Edición histórica
Carlos Domínguez, tras deixar patente o seu compromiso de converter a edición de 2025 como a mellor da historia do Marisquiño, destacou a implicación persoal do alcalde Abel Caballero desde a primeira edición, e de todas as concellerías, na organización do festival. “Esta implicación é moi importante para que poida ser o Marisquiño máis importante de toda a historia”, indicou Pity ao anunciar que o festival ocupará máis espazo e contará con maior programación”.