Escoitar

O Concello convoca novas axudas para ascensores ou ramplas en edificios colectivos

A Xerencia de Urbanismo aprobará mañá novas achegas para instalar ascensores, ramplas, varandas ou plataformas elevadoras en edificios residenciais colectivos. O goberno local tamén convocará axudas para proxectos de iluminación en edificios históricos.

luns, 10 mar 2025

Abel Caballero deu conta esta mañá do inicio do procedemento da convocatoria de axudas para obras de mellora da accesibilidade en edificios residenciais colectivos para o ano 2025. Os proxectos que poden acollerse as estas axudas son: a primeira instalación de ascensores, ramplas, plataformas elevadoras, varandas ou obras que teñan por finalidade salvar os desniveis existentes entre a beirarrúa e o portal ou entre o portal e o elevador.

Cun orzamento de 50.000 euros, serán as comunidades de propietarios e grupos de propietarios os que deben presentar as solicitudes e o importe máximo a subvencionar é de 3.000 euros para actuacións realizadas en 2025. Esta convocatoria está recollida nun programa aprobado en 2024.

Iluminación edificios

A Concello tamén vai iniciar a tramitación dunha nova convocatoria de achegas para a iluminación de edificios históricos. O obxecto é fomentar a iluminación das fachadas dos edificios históricos da cidade cunha axuda ás persoas ou comunidades propietarias que executen actuacións en 2025.

O importe da partida é de 20.000 euros e as subvencións convócanse en en réxime de concorrencia competitiva.

 

Descargar todas as imaxes