Escoitar

A Casa das Artes e a Casa Galega da Cultura ábrense a novos proxectos expositivos

O Concello avanza na organización da programación da rede de museos municipais para o vindeiro ano 2028 coa selección de mostras temporais.

xoves, 6 mar 2025

O alcalde informou este xoves da apertura dunha convocatoria pública do Concello para seleccionar as exposicións temporais que conformarán a programación da Casa Galega da Cultura e da Casa das Artes o vindeiro ano, co obxectivo de amosar unha oferta de interese para a cidadanía.

Así, os artistas, comisarios e xestores culturais interesados poderán propoñer exposicións temporais para ser valoradas artisticamente en cada un dos espazos, con proxectos diferentes. A Casa Galega da Cultura será un espazo de apoio ao talento creativo de artistas galegos emerxentes, de ata 35 anos ,e en calquera disciplina de creación artística. A Casa das Artes será un espazo para a programación de exposicións temporais por parte de artistas do circuíto profesional relacionadas con linguaxes creativas contemporáneas.

Todos os proxectos presentados deberán ser inéditos na cidade, tal e como recollen as bases da convocatoria que poden consultarse na páxina web municipal.

Descargar todas as imaxes